Internationalization at the University of Vigo

This content is currently not available in English

O mundo académico e científico é intrínsecamente internacional e a Universidade de Vigo quere incorporar adecuadamente esta dimensión internacional á súa actividade docente e investigadora, así como tamén aos servizos que ofrecemos á comunidade universitaria.

A acción internacional da Universidade de Vigo abarca os seguintes eixes:

  • A mobilidade internacional do estudantado, do profesorado e do persoal de administración e servizos
  • A formación nun contexto internacional
  • A articulación de asociacións científicas internacionais para promover a investigación e a mobilidade internacional
  • A cooperación universitaria cos países en desenvolvemento
  • A acción e a representación da Universidade de Vigo ás redes institucionais

 

Normativas e políticas