Axuda a Ucraína

UVigo – Social responsability agenda 2030 30/03/2022

 

Comunicado do equipo de goberno

Manifestamos a nosa preocupación e a firme condena polo ataque militar que se está a producir en Ucraína.

A nosa Universidade solidarízase co pobo ucraíno e súmase ao chamamento da comunidade internacional para frear a intervención militar e a resolución inmediata dun conflito que debe ser abordado a través do diálogo e a diplomacia. O noso pensamento está con todos os que están a sufrir as consecuencias desta crise e, especialmente, co pobo de Ucraína e coa súa comunidade universitaria.

O noso compromiso é e estará sempre coa paz.

Manuel J. Reigosa Roger
Reitor


Información e contacto

María Isabel Doval Ruiz
Vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación
+34 986 813 587
uvigo.refugee@uvigo.gal | vicinternacionalizacion@uvigo.gal

Henar Quintas Salgado
Directora de Área de Responsabilidade Social e Cooperación
+34 986 130 261
uvigo.refugee@uvigo.gal | direc.rsco@uvigo.gal

 


Equipo de seguimento

A Universidade de Vigo está seguindo as pautas indicadas desde o Goberno central, o autonómico e as ONG especializadas na atención á poboación refuxiada, demandante de asilo e en situación de protección internacional temporal.

A nosa institución fai un seguimento constante da evolución da crise en Ucraína. Co obxectivo de centralizar toda a información, comunicación e xestión do impacto do conflito na UVigo, constituíse un grupo de seguimento que tivo, como primeira prioridade, garantir o benestar e a seguridade dos membros da comunidade universitaria na zona e nos países limítrofes.

Á súa vez, habilitouse o enderezo de correo electrónico uvigo.refugee@uvigo.gal para que a comunidade universitaria poida enviar as súas propostas, inquedanzas ou preocupacións sobre a cuestión de Ucraína ou de calquera outra persoa desprazada en situación de protección internacional temporal, refuxiada ou demandante de asilo.


Membros do equipo

  • María Isabel Doval
    Vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación
  • José Luis Míguez
    Vicerreitor de Planificación e Sostibilidade
  • Natalia Caparrini
    Vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria
  • Mónica Valderrama
    Vicerreitora de Relacións Institucionais e Comunicación
  • Henar Quintas
    Directora de Área de Responsabilidade Social e Cooperación
  • Laura Movilla
    Directora de Área de Internacionalización
  • Amelia Rodríguez
    Directora da Oficina de Relacións Internacionais
  • Rosa Graña
    Xefa do Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos
  • Cristina Cendón
    Xefa do Servizo de Xestión de Estudos de Grao
  • José Luis Reboiro
    Xefe do Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao
  • Mónica López Viso
    Coordinadora do Grao en Traballo Social
  • Concellerías con competencias en benestar social dos concellos de Ourense, Pontevedra e Vigo
  • ONG: ACCEM e Provivenda


Indicacións para a canalización da solidariedade da comunidade universitaria
 

Dende o inicio do conflito bélico en Ucraína moitas persoas da comunidade universitaria expresaron a súa preocupación e vontade de axudar ao pobo ucraíno. Dende a Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación e co ánimo de orientar cara unha boa canalización desa solidariedade publicamos as seguintes recomendacións de acordo coa  AECID, así como o comunicado conxunto realizado pola Xunta de Galicia, FEGAMP, a Coordinadora Galega de ONGD, Farmacéuticos Mundi, Médicos del Mundo, UNICEF, Cruz Vermella, Educo, Entreculturas, ACNUR, Ayuda en Acción, Movimiento por la Paz el Desarme y la Libertad e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e das recomendacións publicadas pola Coordinadora Galega de ONGD.

Sempre tendo en conta a gravidade da situación en Ucraína e a lóxica preocupación que está a xerar entre a nosa comunidade e a cidadanía en xeral, queremos facer un chamado á solidariedade con todas as persoas  que foxen da violencia, a pobreza e que de acordo cos datos de ACNUR  a finais de 2020 superaban os 82 millóns no mundo.

Como canalizar a solidariedade da  comunidade Universitaria co pobo ucraíno.

A este respecto cómpre salientar que as ONGD galegas xa están a traballar nas fronteiras de Ucraína. Ante as numerosas iniciativas de recollida de axuda para a emerxencia humanitaria de Ucraína, que demostra a boa vontade e ganas de colaborar da comunidade universitaria recoméndase decantarse por opcións sistematizadas para unha situación de conflito bélico e así garantir que toda a solidariedade vai ser útil á poboación ucraína. Varias ONG da comunidade galega xa están levando a cabo accións de axuda en diversos ámbitos (saúde, infancia, refuxio, acompañamento, alimentación…) nas fronteiras de Ucraína e cos seus países veciños. Agora mesmo, Médicos do Mundo, Entreculturas, Farmamundi, Axuda en Acción ou Educo, xunto as súas ONG amigas na zona, teñen equipos traballando nesta emerxencia e outras ONG traballan na nosa contorna para acoller as persoas refuxiadas. Tamén como  organización experta en cooperación internacional e axuda humanitaria, nestes momentos a Coordinadora Galega de ONGD quere servir de canle e asesoramento para a cidadanía galega.

A solidariedade require unha orde para que a acollida sexa integral.

É preferible facer achegas económicas e non en especie. Os bens doados en especie en Galicia poden non ser axeitados ás necesidades da poboación e á situación humanitaria e loxística no terreo, que pode variar rapidamente en situacións de crise e debe ser avaliada constantemente. Ademais, supoñen custos e dificultades administrativas e loxísticas adicionais (necesidade de embalaxe, trámites nas alfándegas suplementarios, datas de caducidade…). Polo tanto, resulta máis práctico comprar materiais sobre o terreo que activen a economía e o emprego locais ou facendo uso de kits de resposta humanitarios estandarizados, no caso de que os produtos necesitados non estean dispoñibles localmente ou en países veciños. Polo que atinxe aos medicamentos é imprescindible respectar as regulamentacións internacionais para o seu envío e distribución. Entre as principais recomendacións da Coordinadora ás persoas que desexen axudar á poboación ucraína, destacan as seguintes:

  • A boa vontade non é suficiente. A acollida debe ter un marco xurídico que asegure que se respectan e garanten todos os dereitos. Se queres apoiar, comproba que optas pola opción máis axeitada. É probable que na túa cidade exista algunha asociación de Ucraína ou entidade social que traballe con persoas refuxiadas. Contacta con ela e coñece as súas necesidades.
  • Non precipites a túa decisión, contrasta e elixe unha vez teñas distintas opcións.
  • Apoia economicamente. Os bens doados en especie poden non ser axeitados ás necesidades da poboación e á situación humanitaria e loxística.
  • As ONG fortalecen ás organizacións locais e as súas capacidades. Son quen mellor coñecen o contexto. O persoal dunha ONG que traballa nun conflito armado segue un proceso de selección rigoroso, baseado na experiencia e na formación, traballan nestes e en moitos outros conflitos e crises humanitarias ao redor do mundo.
  • A adopción de nenos  e nenas non é unha opción. Os esforzos céntranse en atendelos no propio terreo e en reagrupalos/as coas súas familias. A acollida de persoas refuxiadas require dunha serie de procesos para garantir que non se vulneran os dereitos das persoas, que reciben a atención legal necesaria e que son conscientes de a onde se dirixen e cales van a ser as condicións a súa chegada. Os gobernos e as ONG son quen teñen os recursos para garantir o traslado e acollida das persoas refuxiadas
  • Asegúrate de que as fontes de información que utilizas son serias e honestas. Non compartas chismes ou informacións que alimenten os discursos de odio ou novas falsas.

Hai moita vontade por parte da comunidade UVigo de colaborar co pobo ucraíno, mais precisamos facelo de xeito organizado e coordinado, escoitando as recomendacións das administracións públicas e ONG competentes. Non debemos acreditar todo o que escoitamos e lemos nos medios, senón acabamos entorpecendo as xestións para materializar a axuda, como xa está acontecendo, sobre todo tendo en conta que esta situación de crise humanitaria prevese que se vai alongar no tempo, polo cal é mellor non precipitarse nas decisións a tomar.

  • A acollida de persoas refuxiadas está a ser organizada polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións en coordinación coas comunidades autónomas en base á directiva de protección temporal para a acollida ilimitada de ucraínos activada pola Unión Europea. A acollida realízase a través da rede de Centros de Acollida de Refuxiados dependentes da Consellería e dos dispositivos xestionados por entidades sen ánimo de lucro. En Galicia, ACCEM é unha entidade financiada polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, que forma parte da Rede Estatal de Acollida e dá resposta inmediata a calquera necesidade de información ou acollida das persoas desprazadas de Ucraína.
  • A mellor forma de axudar aos refuxiados que chegan é colaborar coas ONG que xestionan as xestións de acollida para que poidan atender ao gran número de refuxiados que se prevé que chegará axiña.
  • É importante que a acollida e atención se organice a través dos dispositivos e canles habilitadas, sempre en coordinación coas administracións e as ONG, para facilitar e garantir a seguridade e atención adecuada das persoas que chegan, así como o seu acceso ao marco de protección.
  • Solicítase que non se faga acumulación de alimentos, mantas ou outros materiais de primeira necesidade porque as ONGD que xestionan o reparto da axuda no terreo están saturadas.

É unha das opcións máis eficientes á hora de querer ofrecer axuda. Entas entidades son as que garanten que poden conseguir os materiais que precisan, evitando gastos innecesarios de transporte.

Máis información na Coordinadora Española de ONG


Consellos para doar a unha ONG 

Que facer

  • Infórmate: comproba quen está actuando e como.
  • En especie: antes de enviar materiais, preguntarlle á ONG que precisa.
  • Doazón segura: esixe todas as garantías de seguridade, privacidade e protección de datos
  • Experiencia: asegúrate de que a ONG ten experiencia e/ou presenza en terreo. É a clave para o uso eficiente dos fondos
  • Decide que apoiar: son necesarios recursos de diferente tipo, en diferentes momentos e lugares

Que non facer

  • Doar a unha persoa: nunca fagas unha transferencia ou doazón a unha persoa, sempre a unha ONG
  • Non contrastar: revisa sempre quen está detrás (na súa web, redes sociais, etc) e que sexa unha ONG realmente constituida

Tamén é convinte que

  • Despois de doar: consulta a información que vai ofrecendo a ONG. Interésate polos resultados acadados
  • Recuperación: fará falla axuda para seguir traballando. Colabora tamén no longo prazo para a reconstrución
  • Fondos dirixidos: a ONG asume o compromiso de destiñar estes fondos a esta emerxencia

Lembra que podes deducir ata o 80% do teu donativo na túa declaración da renda das persoas físicas.

Fonte: Fundación Lealtad

É o mellor xeito de axudalas. Estas persoas deben dirixirse á Policía Nacional para que poidan contar cun resgardo acreditativo de presentación da solicitude ou resolución de concesión da protección temporal expedida polo Ministerio do Interior. Os e as axentes de policía, ademais de expedir o resgardo acreditativo, asignaranlles un número de identificación estranxeiro (NIE). 

Se tes acollidas persoas ucraínas debes notificalo na Policía Nacional para que poidan solicitar a protección temporal. Outra fórmula de poder axudalas a solicitar a entrada no sistema de acollida de solicitantes de protección é poñelas en contacto por teléfono no número +34 673 319 850 (ACCEM) ou no +34 91 047 4444.

Non o fagas pola túa conta. Ponte en contacto cos departamentos de servizos sociais do teu concello ou ben chama ao +34 900 670 909.

Para ter dereito á asistencia sanitaria no Servizo galego de Saúde (Sergas), primeiramente as persoas beneficiarias deberán contar cun resgardo acreditativo de presentación da solicitude expedido pola Policía Nacional ou cunha resolución de concesión da protección temporal expedida polo Ministerio do Interior. Con este documento, deben presentarse nas unidades administrativas de tarxeta sanitaria acreditadas dos centros de saúde ou dos hospitais, que procederán á inclusión da persoa na base de datos de poboación protexida autonómica, asignándolle un CIP autonómico, e outorgando o documento acreditativo de dereito á carteira común de servizos do Sistema Nacional de Saúde.

Unicef publicou o documento Como axudar os nenos e nenas en Ucraína: 10 cuestións relevantes. Tamén explican polo miúdo que o acollemento familiar non sempre é a mellor opción para chegar a estes nenos e nenas coa axuda urxente que precisan. Podes ver a información nesta ligazón
Podes solicitar a túa inscrición no Programa de Familias Acolledoras da Xunta de Galicia, xestionado por Cruz Vermella, a través da súa web ou por teléfono no número +34 900 812 880.

Ministerio de Inclusión Social, Seguridade Social e Migracións: +34 91 047 4444 | web

ACCEM-Galicia: +34 673 319 850 | web

Se queres contribuír con algunha iniciativa no teu grupo, facultade ou escola, deberas contactar coa Vicerreitoría de Resposabilidade Social, Internacionalización e Cooperación por teléfono +34 986 813 587 ou por correo electrónico uvigo.refugee@uvigo.gal

Podes porte en contacto co departamento de servizos sociais do teu concello ou con ACCEM

A Universidade de Vigo tamén colabora con distintas entidades sociais como a asociación Provivienda e Cruz Vermella que traballan con persoas refuxiadas e migrantes, a través de distintas accións entre as que se atopa o voluntariado. Nestes momentos precísanse persoas voluntarias, especialmente con coñecemento de idiomas.

Aquelas persoas que queiran ser voluntarias poden apuntarse  nos programas de voluntariado que temos en colaboración con estas asociacións a través das seguintes ligazóns:

Renfe facilita gratuitamente billetes en estacións para o traslado de personas procedentes de Ucraína. O requisito para beneficiarse da gratuidade é presentar un documento de identidade ou un pasaporte ucraíno. 

A política sanitaria da UE respecto á rabia (enfermidade vírica extremadamente grave que afecta cans, gatos e furóns e tamén as persoas) establece unha serie de requisitos sanitarios previos que deben cumprir os cans, os gatos e os furóns antes de entrar en territorio da UE. Estes requisitos, dada a emerxencia existente, é moi probable que non se poidan cumprir.

Quen teña coñecemento dunha persoa refuxiada acompañada de mascotas (cans, gatos ou furóns), debe contactar de inmediato cos servizos veterinarios oficiais da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia para activar o protocolo de inspección clínica, a documentación e a atención do animal.

  • Servizo de Gandaría da pronvincia de Pontevedra: +34 886 206 569
  • Servizo de Gandaría da provincia de Ourense: +34 988 386 525

Se tes acollidas persoas ucraínas debes notificalo canto antes na Policía Nacional para que poidan solicitar a protección temporal ou chamar por teléfono ao +34 673 319 850 (ACCEM) ou +34 91 047 4444

De quereres poñer á disposición destas personas un recurso habitacional (mellor de longa duración), deberás porte en contacto cos departamentos de servizos sociais do teu concello ou ben chamar ao +34 900 670 909.

Se desexas solicitar información ou calquera outra comunicación relacionada coa emerxencia en Ucraína, podes enviar un correo electrónico a emerxenciasucrania@xunta.gal

Podes informar de calquera previsión de chegada de cidadáns e cidadás ucraínos desprazados, a través do formulario habilitado na web do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións ou a través do correo electrónico apoyo.ucrania@inclusion.gob.es. En ambos os casos cumprirá proporcior os seguintes datos:

  • Número de persoas
  • Data e hora da chegada
  • Punto exacto da chegada
  • Sempre que sexa posible facilitarase información sobre se se trata de unidades familiares, menores (e, neste caso, se van acompañados ou sós), ou persoas con algunha circunstancia especial que requira dunha atención específica.

 

De seguido podes descargar o documento pdf das indicacións para a canalización das solidariedade da comunidade universitaria actualizado o 25/3/2022:

Descargar as indicacións


Comunicados subscritos


Ferramentas de apoio


Curso de español para personas refuxiadas de Ucraína
Іспанська мова для біженців

Debido á difícil situación que están a vivir as persoas ucraínas acollidas en España, a UNED, en colaboración coa Fegamp, ofrece un curso de aprendizaxe do idioma, para que todas poidan adquirir as nocións básicas da lingua castelá.
Враховуючи складну ситуацію, яку переживають українці тутай в Іспанії, ми пропонуємо початковий курс вивчення мови, щоб кожен міг досягти базові поняття іспанської мови.

Duración: 46 horas
Тривалість 46 h

Asistencia en liña, en directo ou en diferido, sen necesidade de ir ao centro.
Допомога в прямому ефірі або відкладена онлайн, без необхідності звертатися до центру.


Blog do Centro de Linguas "Ensinando español"

Ante a crecente demanda de axuda por parte de numerosos colectivos sociais e institucións sobre como iniciarse na ensinanza de ELE a persoas refuxiadas en España, o profesorado do departamento de español para estranxeiros do Centro de Linguas decidiu crear o blog "Ensinando español" para compartir distintos recursos de axuda.


Accións e programas propios

 

Estudantes da UVigo en mobilidade

A Universidade de Vigo mantén convenios de mobilidade con universidades ucraínas. Polo momento ningún membro da comunidade universitaria está en Ucraína. No caso das institucións rusas, polo momento tampouco temos estudantado alí desprazado. Mantemos contacto co estudantado ucraíno que actualmente está connosco como estudantado propio ou participante en programas de mobilidade para garantir o seu benestar e seguridade.

A universidade reúnese co estudantado de intercambio ruso que aloxado na UVigo para confirmar o seu estado e detectar as dificultades que poida ter por sancións (principalmente o acceso a contas ou o uso de tarxetas de crédito) e axudalo, en caso necesario.


Viaxes

Recoméndaselles a todos os membros da comunidade universitaria que sigan os consellos de viaxe do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación; neste momento, este desaconsella viaxar a Ucraína. Ata novo aviso e ante a gravidade do conflito, a Unieversidade de Vigo detén as estadías de mobilidade en Rusia.


Canal UVigo-refugee

Habilitouse o enderezo de correo electrónico uvigo.refugee@uvigo.gal para que a comunidade universitaria poida enviar as súas propostas, inquedanzas ou preocupacións sobre o tema de Ucraína ou calquera outra persoa desprazada en situación de protección internacional temporal, refuxiada ou solicitante de asilo.


Bolsas para persoas desprazadas de Ucraína en situación de protección internacional ou protección temporal

Diante da grave situación provocada pola invasión de Ucraína, a Universidade de Vigo, de acordo co principio de solidariedade establecido nos seus Estatutos e o obxectivo 27 do Plan Estratéxico, en liña tamén coa declaración institucional da nosa universidade ante a invasión de Ucraína e os ODS 4, 16 e 17 da Axenda 2030, desexa poñer en marcha un programa específico de acollida para as persoas que se viron forzadas a abandonar o pais ou que non poden volver por mor do conflito bélico.


Enlaces e accións de axuda humanitaria


Institucións


Xunta de Galicia


Goberno de España


ONG e outras organizacións

  • ACCEM
  • Comité de emergencias
  • Fegamp
  • Science for Ukraine
    Grupo de estudantes e investigadores voluntarios de institucións académicas de Europa e de todo o mundo que recollen e difunden información sobre oportunidades de apoio universitario, nacional e internacional para estudantes e investigadores directamente afectados pola recente invasión rusa de Ucraína.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 5 de abril de 2022.