University Extension and Students Commission
This content is currently not available in English
A Comisión de extensión universitaria e estudantes é unha comisión delegada do Consello de Goberno, presidida pola vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade e a vicerreitora de Extensión Universitaria.
Funcións
- Informar das propostas para o desenvolvemento das iniciativas de proxección das funcións e servizos da institución universitaria ao seu contorno social.
- Informar e propor as iniciativas de atención á defensa, desenvolvemento e difusión da cultura galega desde a institución universitaria.
- Propor a organización de actividades de extensión universitaria.
- Informar e propor o reparto de partidas orzamentarias que correspondan ás vicerreitorías da súa área de competencia.
- Informar e propoñer normas sobre a organización dos servizos xerais de atención á comunidade universitaria.
- Elaborar e propor medidas de información e asesoramento ao alumnado.
- Informar sobre a convocatoria e aprobación dos programas de intercambio.
- Informar das distintas solicitudes de colaboración coa Oficina de Prestación Social dos Obxectores de Conciencia e coa Oficina do Voluntariado.
- Estudar as propostas relativas á coordinación do centro de información, asesoramento e promoción (SIE).
- Estudar e informar das propostas de creación de asociacións e/ou organizacións específicas de estudantes no seo da Universidade de Vigo.
- Propor as medidas e medios necesarios para que as delegacións de alumnado e as asociacións estudantís, recoñecidas na Universidade de Vigo, poidan levar a cabo as actividades que lles son propias.
- Informar dos proxectos de regulamento e normativa da súa área de competencia.
Composición
- A persoa que ocupe a vicerreitoría ou vicerreitorías das áreas relacionadas coa comisión.
- Cinco docentes, garantindo, na medida do posible, a presenza de membros non pertencentes ao sector do profesorado doutor con vinculación permanente á universidade.
- Dúas persoas representantes do estudantado.
- Un membro do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos.
- Unha persoa representante do Consello Social.
A elección, dentro de cada un dos sectores, farase de entre os que figuran nunha lista única de cada sector, que se elaborará tras abrir un prazo de presentación de candidaturas. As renovacións realizaranse cada catro anos, agás no caso de representantes de alumnado que terán lugar cada dous anos.
Membros
Membros natos
- Dolores González Álvarez, vicerreitora de Estudantes e Vida Universitaria
- Xabier Martínez Rolán, vicerreitor de Docencia e Transformación Educativa
PDI
- Elena Mercedes Alonso Prieto
- Ignacio Bajo Palacio
- M.ª de los Ángeles Fernández Villarino
- Pablo Grande Seara
- M.ª Rosa Pérez Rodríguez
Estudantado
- Sandra M.ª Martínez Gómez
PTXAS
- Vacante
Consello Social
- Ernesto Pedrosa Silva
Representación sindical (con voz pero sen voto)
- Marta Pazos Currás, PDI funcionario
- Miguel Cuevas Alonso, PDI laboral
- José Manuel García Eirín, PTXAS




