Pro-Vice-Chancellor for Planning and Sustainability
This content is currently not available in English
José Luis Míguez Tabarés, vicerreitor
José Luis Míguez Tabarés é catedrático da Escola de Enxeñería Industrial (habilitación nacional en 2007), enxeñeiro industrial pola Universidade de Santiago de Compostela (1987) e doutor enxeñeiro industrial pola Universidade de Vigo (1996).
Comezou a súa carreira docente na Universidade de Vigo en decembro de 1992 como profesor de termotecnia e posteriormente en diversas materias da Área de Máquinas e Motores Térmicos. Ten recoñecidos cinco quinquenios ademais doutros tantos sexenios que avalan a súa actividade investigadora (incluíndo un de transferencia). É coordinador do Grupo de Tecnoloxía Enerxética (GTE), considerado de referencia competitiva pola Xunta de Galicia desde o inicio desta convocatoria coas súas consecuentes renovacións.
As súas actividades de investigación inclúen a participación en máis de 15 proxectos de investigación internacionais e máis de 60 proxectos con empresas ou entidades públicas, en convocatorias altamente competitivas e de elevada contía (CENIT, Fondo Tecnolóxico-CDTI, proxectos singulares, Interconecta, Conecta-Peme etc.), así como numerosos contratos con empresas mediante o artigo 83 da LOU. Así mesmo, dirixiu proxectos en convocatorias competitivas de investigación (MCYT, MICINN, Plan nacional de investigación, Xunta de Galicia etc.). Ademais, publicou, como coautor, 104 artigos en revistas de alto impacto (JCR) h-30, codirixiu 14 teses doutorais e dirixiu máis de 100 proxecto fin de carreira, de grao e de mestrado. Tamén é coautor de sete libros.
Ocupou diferentes cargos de xestión académica na Universidade de Vigo: director da Área de Novos Proxectos (2006-2010), da Área de Innovación e Desenvolvemento (2005-2006), secretario executivo da Fundación Universidade de Vigo (2005-2010), delegado do reitor no Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín (2012- 2018). Desde 2018 é vicerreitor de Planificación e Sostibilidade.
Organización
- José Carlos Caamaño Martínez
Director da Área de Infraestruturas e Prevención de Riscos Laborais
+34 986 130 254
dir.infraestruturas.prl@uvigo.gal - Delfina Couce Fortúnez
Directora da Oficina de Medio Ambiente
+34 986 8138 83
oma2@uvigo.gal
- Manuel Pérez Cota
Director da Área de Innovación Administrativa
+34 986 813 602
dir.innovadm@uvigo.gal - Eugenia María Rodríguez González
Secretaría
+34 986 813 440
vicplan@uvigo.gal
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 440
vicplan@uvigo.gal