Pro-Vice-Chancellorship for the Campus of Ourense

This content is currently not available in English

Elena Rivo López, vicerreitora do Campus de Ourense

 

Elena Rivo López é licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidad Complutense de Madrid, onde recibiu o premio extraordinario de carreira. Doutora en Administración e Dirección de Empresas (2002), é profesora contratada doutora e investigadora no Departamento de Organización de Empresas e Márketing da Universidade de Vigo desde 1999; actualmente está acreditada como titular.

Foi decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense (2013-2019); coordinadora do Mestrado en creación, dirección e innovación na empresa da Universidad de Vigo (2011-2014) e comisionada de Coordinación Institucional (2019-2022). 

No eido da investigación, participa en diversos traballos e proxectos en temas relacionados coa empresa familiar, emprendemento e innovación docente. É codirectora da Cátedra da Empresa Familiar da Universidade de Vigo e pertence ao grupo de investigación GEN (Governance and Economics Research Network).

  • Ana María Rodríguez Rodríguez
    Secretaría
    +34 988 387 300
    vicou@uvigo.gal

  • As de proxección, coordinación e representación da universidade no ámbito territorial do campus de Ourense.
  • As relacionadas directamente cos asuntos específicos do campus de Ourense.
  • As derivadas da descentralización administrativa no campus de Ourense.
  • As relativas ao campus de Ourense das áreas das outras vicerreitorías que se atopen descentralizadas.
  • As relacionadas coa planificación, coordinación e execución de políticas e accións relativas ao Campus Auga, en coordinación coa Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación, no marco das políticas xerais que a universidade defina para os seus
    campus de especialización.
  • As relacións, en representación do reitor, coas institucións e coas empresas de carácter público e privado, así como a sinatura de todo tipo de protocolos e convenios relacionados coas actividades destas, cando así sexa considerado oportuno polo reitor.
  • As relativas a empresas e a institucións, incluídas as cátedras de empresa e os cursos complementarios, e a sinatura de convenios de colaboración e os de cooperación educativa en todas as materias obxecto desta delegación.
  • As relacionadas coas empresas de base tecnolóxica e os viveiros de empresas no ámbito de influencia do Campus de Ourense-Campus Auga.
  • As relativas á tramitación de proxectos de investigación, tanto no ámbito nacional coma autonómico, así como contratos ao abeiro do artigo 83 da LOU, no ámbito de influencia do campus de Ourense, en coordinación coa Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación.
  • As correspondentes ás estruturas propias de investigación e centros propios de investigación referentes ao Campus Auga, en coordinación coa Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación.
  • As correspondentes ás relacións con axentes de investigación nacionais e internacionais e con outros centros de I+D+i no ámbito de especialización do Campus Auga, en coordinación coa Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación.
  • As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.

 

Axenda

 

As Lagoas, s/n
32004 Ourense
+34 988 387 300
vicou@uvigo.gal