Vice-chancellorship of the campus of Pontevedra

This content is currently not available in English

 

  • As de proxección, coordinación e representación da universidade no ámbito territorial do campus de Pontevedra.
  • As relacionadas directamente cos asuntos específicos do campus de Pontevedra.
  • As derivadas da descentralización administrativa no campus de Pontevedra.
  • As relativas ao campus de Pontevedra das áreas das outras vicerreitorías que se atopen descentralizadas.
  • As relacionadas coa planificación, coordinación e execución de políticas e accións relativas ao Campus Crea S2i, no marco das políticas xerais que a universidade defina para os seus campus de especialización.
  • As relacións, en representación do reitor, coas institucións e coas empresas de carácter público e privado, así como a sinatura de todo tipo de protocolos e convenios relacionados coas actividades destas, cando así sexa considerado oportuno polo reitor.
  • As relativas a empresas e a institucións, incluídas as cátedras de empresa e os cursos complementarios, e a sinatura de convenios de colaboración e os de cooperación educativa en todas as materias obxecto desta delegación.
  • As relacionadas coas empresas de base tecnolóxica e os viveiros de empresas no ámbito de influencia do campus de Pontevedra-Campus Crea S2i.
  • As relativas á tramitación de proxectos de investigación, tanto no ámbito nacional coma autonómico, así como contratos ao abeiro do artigo 83 da LOU, no ámbito de influencia do campus de Pontevedra.
  • As correspondentes ás estruturas propias de investigación e centros propios de investigación referentes ao Campus Crea S2i, en coordinación coas vicerreitorías de Planificación e Investigación.
  • As correspondentes ás relacións con axentes de investigación nacionais e internacionais e con outros centros de I+D+i no ámbito de especialización do Campus Crea S2i, en coordinación coas Vicerreitoría de Investigación.
  • As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.

 

Axenda

 

Casa das Campás
Rúa Don Filiberto 9-11 
36002 Pontevedra
+34 986 802 080
vic.pon@uvigo.gal