Vice-Rector for Communication and Institutional Relations

This content is currently not available in English

Mónica Valderrama Santomé, vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais

 

Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, licenciada e doutora en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo e premio extraordinario de Doutoramento, é profesora do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade . 
Ten experiencia profesional en diferentes medios de comunicación galegos de prensa escrita e colaboradora habitualmente nas revistas Extradixital e The Conversation

Conta con múltiples publicacións científicas, monográficos, participacións en congresos, comités de redacción, revisión, coordinación de manuais e conferencias. Directora de tres teses doutorais e de preto dun cento de proxectos fin de carreira e de  grao, realizou estancias en centros estranxeiros nas universidades de Anahuac (campus Xalapa e Cancún), PUC-Minas Gerais (Brasil), Colima (México), Lumsa e Campobasso (Italia), Wroclaw (Polonia) e Zadar (Croacia). 

Desempeñou varios cargos de xestión: vicedecana de Calidade da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, coordinadora do Grao de Comunicación Audiovisual e directora do Mestrado en dirección de arte publicitaria. Desde o ano 2018 é vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais e é unha das responsables da Unidade de Cultura Científica e Innovación da Universidade de Vigo.

Pertence ao grupo de innovación docente ComTecArt dirixido polo profesor Antonio Pino do Departamento de Enxeñaría das Tecnoloxías de Telecomunicacións e, desde o ano 2000, imparte diferentes materias dos títulos vencellados á comunicación e á produción publicitaria en medios audiovisuais

No eido da investigación, é membro do grupo CP2 da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e conta con dous sexenios recoñecidos. As liñas de traballo desenvolvidas van da análise e uso de medios virtuais, as novas tendencias en comunicación, creatividade en medios audiovisuais emerxentes, evolución da produción publicitaria, novos formatos, identidade corporativa, redes sociais; ata as novas tecnoloxías aplicadas á comunicación das organizacións.

  • As referidas á xestión, mantemento e seguimento da identidade corporativa da Universidade e á xestión da comunicación interna e externa.
  • As relacións, en representación do reitor, coas institucións, organismos e empresas de carácter público e privado, no ámbito da comunicación e publicidade, así como a sinatura de todo tipo de convenios e protocolos relacionados coas actividades destas, cando así sexa considerado oportuno polo reitor.
  • As relacionadas coa comunicación nos ámbitos da orientación e fomento do emprego e das iniciativas empresariais.
  • As relacionadas coa comunicación relativa ás actividades docentes, en colaboración coa Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade.
  • As relacionadas coa comunicación relativa ás actividades de I+D+i, en colaboración coa Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación.
  • As relacionadas con empresas e institucións, incluída a sinatura de convenios de colaboración en todas as materias obxecto desta delegación.
  • As relacionadas co patrimonio inmaterial.
  • As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.

 

Axenda

 

Organización

  • Xestionar os símbolos, logotipos e elementos de identidade corporativa da Universidade de Vigo e dos seus centros.
  • Asesorar a comunidade universitaria, as axencias de publicidade, as imprentas e outros organismos co fin da realización de material gráfico acorde coa liña gráfica e cos obxectivos da institución, e así reforzar a súa imaxe. 
  • Deseñar e maquetar os materiais promocionais gráficos das campañas institucionais da universidade.
  • Supervisar a elaboración de traballos gráficos e publicitarios nos que teña presenza a universidade.

Julinda Molares Cardoso
Directora da Área de Imaxe
+34 986 813 411
dirimaxe@uvigo.gal

  • Realizar a cobertura informativa das actividades académicas, institucionais, científicas e culturais nos tres campus e publicadas tanto no Duvi, como nos medios de comunicación.
  • Atender as demandas dos medios (escritos e audiovisuais), tales como entrevistas con membros da comunidade universitaria, solicitude de datos relativos á institución ou imaxes.
  • Elaborar acotío o dossier de prensa no que se recompilan as noticias publicadas nos xornais locais, rexionais, nacionais, directamente relacionadas coa Universidade de Vigo e coa educación e coa investigación en xeral.
  • Redactar textos para as publicacións editadas pola Universidade de Vigo.
  • Asesorar os membros da comunidade universitaria na relación cos medios.
  • Xestionar a axenda da web institucional.

M.ª del Carmen Echevarría Figueroa
Xefa do Gabinete de Prensa 
+34 986 813 604 
duvi@uvigo.gal

  • Redactar plans de comunicación e de divulgación nas solicitudes de proxectos de investigación, tanto nacionais como europeos.
  • Buscar financiamento para o desenvolvemento de actividades de divulgación.
  • Planificar e desenvolver actividades de divulgación.
  • Organizar e ofertar formación en divulgación.
  • Reforzar a difusión de resultados de investigación mediante a produción de pezas gráficas e audiovisuais.
  • Reforzar a difusión de resultados de investigación mediante o mantemento de canles propias en redes sociais.

+34 986 130 222
ucc@uvigo.gal

 

 

Patricia González Piñeiro
Secretaría
+34 986 130 222
viccom@uvigo.gal

 

Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 222
viccom@uvigo.gal