Vice-Rector for Internationalisation
Maribel del Pozo Triviño, vicerreitora
Maribel del Pozo Triviño é licenciada en Filoloxía Hispánica pola National University of Ireland (homologado polo MEC) e licenciada e doutora en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. É tradutora-intérprete xurada cunha longa traxectoria profesional no ensino de linguas e na tradución e interpretación. É profesora titular da Universidade de Vigo na Facultade de Filoloxía e Tradución onde foi vicedecana de Relacións Internacionais (2015-2020) e enlace de Igualdade (2015-2022).
Imparte docencia de grao e de posgrao, tanto en España como no estranxeiro (UAB, UAH, UJI, UPC, UGhent etc.). Dirixe o Grupo de Innovación Docente «LINKTERPRETING. Enseñar desde os dereitos humanos» e é a coordinadora do portal LINKTERPRETING. Dirixe varias teses de doutoramento e numerosos TFG e TFM, tanto na Univesidade de Vigo como noutras universidades españolas e estranxeiras.
Ten dous sexenios de investigación e un de transferencia e conta con numerosas publicacións sobre tradución xurídica, interpretación nos servizos públicos, igualdade e violencia de xénero.
Dirixiu varios proxectos, tanto europeos (SOS-VICS) como de cooperación ao desenvolvemento (MELINCO) e, na actualidade, é representante da Universidade de Vigo e membro da Xunta Directiva da Asociación de Universidades del Estado Español con Titulaciones Oficiales en Traducción e Interpretación (AUnETI) e asesora do Ministerio de Xustiza, ademais de colaborar con diversas entidades sociais para mellorar a comunicación con persoas con barreiras lingüísticas e culturais.
Competencias
- O fomento e o deseño das estratexias e políticas para as relacións internacionais e a cooperación internacional.
- A representación institucional en foros e en eventos internacionais.
- A sinatura de acordos, convenios e protocolos relacionados coa actividade internacional da Universidade de Vigo, cando así sexa considerado oportuno polo reitor.
- O deseño, planificación e xestión dos programas internacionais de mobilidade e intercambio.
- A proposta, formalización e contratación de redes e proxectos internacionais de difusión científica, en coordinación coa Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación.
- A proposta, formalización e contratación de redes e proxectos internacionais de cooperación.
- As tarefas relacionadas coa participación na Universidade Europea ATHENA.
- A posta en marcha de iniciativas relativas ás competencias lingüísticas do estudantado, agás as relativas á lingua galega.
- As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.
Organización
Área de Promoción da Internacionalización
Liña 1: UVigo internacional
- Avaliar o actual plan de internacionalización e elaborar un novo.
- Establecer acordos marco e específicos con outras universidades, con especial fincapé no ámbito hispanófono e lusófono.
- Revisar as normativas e elaborar acordos para a posta en marcha de titulacións conxuntas con universidades estranxeiras.
- Atraer estudantado internacional, especialmente de países hispanófonos e lusófonos, en colaboración coa Vicerreitoría de Estudantado e Empregrabilidade.
- Dialogar con organismos nacionais e autonómicos (ministerios de Educación e de Universidades, CRUE, SEPIE, embaixadas, Xunta de Galicia etc.) para favorecer o acceso do alumnado internacional á Universidade de Vigo.
- Deseñar e consolidar un programa de “internacionalización na casa” e formar o profesorado en COIL (Collaborative Online International Learning) e en mobilidades virtuais.
- Mellorar a páxina web da UVigo incluíndo a tradución ao inglés e a adaptación cultural dos contidos necesarios para a súa proxección internacional.
- Mellorar a posición da Universidade de Vigo nas clasificacións internacionais máis salientables.
- Establecer unha estratexia de comunicación interna e externa da vicerreitoría.
- Mellorar as guías informativas para estudantes, PDI e PAS.
- Visibilizar as actividades e os resultados da internacionalización.
- Crear un boletín informativo.
- Organizar semanas internacionais nos tres campus.
Liña 2. Mobilidade internacional
- Ampliar a oferta de universidades e de países de destino para as mobilidades.
- Aumentar a captación de fondos para as mobilidades internacionais de grao, mestrado, doutoramento e prácticas, a través de diferentes programas (para estudantes, PDI e PAS).
- Difundir os programas de mobilidade nos tres campus.
- Promover o programa KA171 entre o PDI e aumentar a captación de fondos.
- Modificar a normativa de mobilidade.
- Analizar a viabilidade da implantación do proxecto Egracons (European Grade Conversion System) para a conversión das cualificacións co fin de permitir unha interpretación transparente dos logros do estudantado no estranxeiro.
- Dixitalizar os procesos da Oficina de Relacións Internacionais (ORI) e implantar o programa MoveOn.
- Deseñar e implantar un Welcome Center da Universidade de Vigo e mellorar os protocolos de benvida.
José Santiago Pozo Antonio
Director da Área de Promoción da Internacionalización
+34 692 120 845
dirinternacional@uvigo.gal
Secretaría
Patricia González Piñeiro
Secretaría
+34 986 813 587
internacional@uvigo.gal
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 587
internacional@uvigo.gal