Vice-Rector for Planning and Sustainability
This content is currently not available in English
José Cidrás Pidre, vicerreitor
José Cidrás Pidre é doutor enxeñeiro industrial e catedrático de enxeñaría eléctrica da Universidade de Vigo desde 1993. Profesor da Universidade de Vigo desde o ano 1982, imparte clases de grao, mestrado e doutoramento.
Como investigador, pertence ao grupo de Enxeñaría Eficiente e Dixital, no que centra o seu traballo na avaliación de sistemas eléctricos de potencia, mercado eléctrico e enerxías renovables. Conta con catro sexenios de investigación e un de transferencia.
No ámbito da xestión, foi director do Departamento de Enxeñaría Eléctrica, director da Escola de Enxeñería Industrial, vicerreitor de Innovación e Calidade, vicerreitor de Investigación e vicerreitor de Planificación. Tamén foi director da Cátedra Telefónica-UVigo.
Competencias
- As relativas á programación, supervisión e execución das novas infraestruturas, así como a reforma, remodelación, adaptación ou reparación das xa existentes, en coordinación coa Xerencia.
- As correspondentes ás actuacións urbanísticas que afecten a Universidade de Vigo.
- As relacionadas con plans, proxectos e programas estratéxicos institucionais.
- As correspondentes á solicitude e á contratación de proxectos, infraestruturas, equipamentos e instalacións de carácter institucional.
- As de xestión e coordinación dos equipamentos e infraestruturas docentes.
- As relativas á posta en marcha de programas de sustentabilidade enerxética e ambiental.
- As relativas ás tecnoloxías da información e as comunicacións e os seus servizos.
- A definición, execución e supervisión da política de prevención de riscos laborais.
- A planificación e a coordinación das actividades de implantación e desenvolvemento da administración electrónica, de acordo coa Secretaría Xeral.
- As relacionadas coa Fundación Universidade de Vigo (Fuvi).
- As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.
Axenda
Organización
Dirección técnica de Obras, Instalacións e Infraestruturas
- Coordinar e supervisar as actividades das unidades técnicas da universidade.
- Colaborar na elaboración e no seguimento dos plans urbanísticos e na xeración de nova infraestrutura nos campus universitarios.
- Propoñer os plans de mantemento e xestión das infraestruturas civís.
- Apoiar e participar na elaboración de plans, informes e todo tipo de documentos técnicos e administrativos, tanto no ámbito interno coma externo á universidade.
Héctor Álvarez Arias
Director técnico de Obras, Instalacións e Infraestruturas
director.tecnico.obras@uvigo.gal
+34 986 811 969
Área de Infraestruturas e Instalacións
- Planeamento de infraestruturas e de instalacións.
- Seguimento de execución de obras.
- Mantemento de edificios.
- Atención a usuarios e usuarias.
José Luis González Cespón
Director da Área de Infraestruturas e Instalacións
dir.infraestruturasinstalacions@uvigo.gal
+34 647 343 319
Área de Novos Proxectos de Planificación
- Estudar propostas de instalacións para a mellora docente.
- Seguimento e avaliación de instalacións e equipamentos docentes comúns.
- Seguimento e avaliación de instalacións e equipamento para o estudo e o traballo do estudantado
Javier Rodeiro Iglesias
Director da Área de Novos Proxectos de Planificación
proxectos.planificacion@uvigo.gal
+34 647 343 158
Área de Calidade Ambiental
- Elaboración e posta en marcha do plan de radon na UVigo: planificación das medicións, avaliación dos datos e, se procede, proposta de medidas de corrección e de mitigación.
- Avaliación da calidade ambiental nos campus universitarios atendendo a aspectos vencellados cos mananciais e cos terreos.
Benedicto Soto González
Director da Área de Calidade Ambiental
edbene@uvigo.gal
+34 986 812 395
Oficina de Medio Ambiente
- Dirixir a Oficina de Medio Ambiente
Delfina Couce Fortúnez
Directora da Oficina de Medio Ambiente
+34 986 8138 83
oma2@uvigo.gal
Oficina de Servizos Enerxéticos (OSEu)
- Seguimento e avaliación da xeración renovable e dos consumos enerxéticos da UVigo.
- Estudo de propostas de eficiencia enerxética na UVigo.
- Seguimento dos prezos do mercado eléctrico.
- Estudos de novas propostas de aproveitamentos renovables na UVigo.
Camilo José Carrillo González
Director da Oficina de Servizos Enerxéticos (OSEu)
+34 647 343 244
oseu@uvigo.gal
Secretaría
Eugenia María Rodríguez González
Secretaría
+34 986 813 440
vicplan@uvigo.gal
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 440
vicplan@uvigo.gal