Vice-Rectorate for Infrastructure, Energy and Mobility

David Álvarez González, vicerreitor
Desde 2026 é profesor permanente laboral no Departamento de Enxeñaría dos Materiais, Mecánica Aplicada e Construción da Universidade de Vigo, tras cinco anos como profesor axudante doutor.
Doutorouse na Escola de Enxeñaría Industrial en Investigación en Tecnoloxías e Procesos Avanzados na Industria cunha tese recoñecida co premio extraordinario e mención internacional. Enxeñeiro de Minas, a súa formación complétase con mestrados en Soldadura e Procesos Avanzados de Fabricación.
Imparte docencia nas escolas de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e de Enxeñaría Industrial, con experiencia en múltiples titulacións de grao e mestrado. Combina este labor cun forte compromiso coa divulgación científica e o fomento das vocacións en estudos de ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas STEM, participando como titor no programa STEMbach.
A súa investigación céntrase na corrosión e na electroquímica aplicada, orientada á protección de materiais en contornos industriais, no marco do grupo E-Materiais e en colaboración coa Asociación Galega de Corrosión e Protección. Conta ademais con experiencia internacional e colaboracións con empresas.
Participa tamén na xestión universitaria como subdirector de posgrao e coordinador do Mestrado en enxeñaría industrial, promovendo a calidade académica e a conexión co ámbito profesional.
Competencias
- As relativas á programación, supervisión e execución de novas infraestruturas, así como a reforma, remodelación, adaptación ou reparación das xa existentes, en coordinación coa Xerencia e coas vicerreitorías do campus de Pontevedra e de Ourense.
- As correspondentes ás actuacións urbanísticas que afecten a Universidade de Vigo.
- As correspondentes á solicitude e contratación de proxectos, infraestruturas, equipamentos e instalacións de carácter institucional.
- As correspondentes ao aloxamento e ao transporte, en coordinación coa Vicerreitoría de Estudantes e Vida Universitaria.
- As de xestión e coordinación dos equipamentos e infraestruturas docentes.
- As relativas á posta en marcha de programas de sustentabilidade enerxética e ambiental.
- A coordinación da política institucional de seguridade e saúde no traballo e de prevención de riscos laborais.
- As relativas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores, e aos seus procedementos derivados.
Secretaría
Eugenia María Rodríguez González
Secretaría
+34 986 813 440
vicinfraestruturas@uvigo.gal
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 440
vicinfraestruturas@uvigo.gal




