Vice-Rectorate for Strategy, Governance and Economy

Xosé H. Vázquez Vicente

 

É profesor da Universidade de Vigo desde 1997 na Área de Organización de Empresas. A súa actividade docente e investigadora céntrase na estratexia, a innovación e o cambio organizativo, con especial atención á sustentabilidade, a resiliencia territorial e a disrupción tecnolóxica.

Os resultados do seu traballo foron publicados en revistas internacionais de referencia en teoría da organización, dirección de operacións e estratexia da I+D e innovación, así como en canles orientadas á dirección e ás políticas públicas.

A colaboración con organizacións públicas e privadas é un eixe central da súa traxectoria: cooperou con institucións como o Banco Interamericano de Desenvolvemento, a Xunta de Galicia ou o Consorcio da Zona Franca e a Autoridade Portuaria de Vigo, así como con empresas e centros tecnolóxicos de distintos sectores.

No ámbito do servizo académico, foi conselleiro do Consello Económico e Social de Galicia entre 2007 e 2018. Na actualidade forma parte do equipo xestor do campo de economía da Axencia Estatal de Investigación e presidiu a Asociación Española de Economía e Dirección de Empresas (ACEDE) ata xuño de 2026.

Concibe a universidade pública como unha infraestrutura crítica para a sociedade e defende un modelo institucional ambicioso nos obxectivos, reflexivo nos procesos e pragmático na acción.

  • A elaboración, coordinación, seguimento e avaliación dos instrumentos de planificación institucional.
  • O impulso das políticas de gobernanza universitaria, modernización e mellora continua da organización.
  • A coordinación dos sistemas institucionais de información, gobernanza do dato, análise institucional, indicadores, cadros de mando, transparencia, rendición de contas e avaliación institucional.
  • A coordinación da planificación económica e financeira da universidade, en colaboración coa Xerencia, incluíndo a programación plurianual, a sustentabilidade orzamentaria e a integración da planificación financeira coa estratexia institucional.
  • A definición e coordinación da estratexia institucional de transformación dixital da universidade.
  • A promoción e coordinación institucional dos proxectos estratéxicos transversais da universidade, especialmente dos vinculados á transformación organizativa, á innovación institucional e á captación de financiamento competitivo.
  • A coordinación das políticas institucionais de carácter transversal cando requiran a participación conxunta de distintos órganos de goberno, garantindo a súa coherencia coa estratexia da universidade.

Eugenia María Rodríguez González
Secretaría
+34 986 813 440
vicestratexia@uvigo.gal

 

Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 440
vicestratexia@uvigo.gal