Vice-Rectorate for Students and University Life

Loli González Álvarez, vicerreitora

 

É doutora en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela e profesora titular na Facultade de Filoloxía e Tradución, onde desenvolve a súa actividade na Área de Lingüística Inglesa en estudos de grao, mestrado e doutoramento. 

Como investigadora, forma parte do grupo Language Variation and Textual Categorisation (LVTC) e do Instituto de Investigación Lingua (iLingua). A súa investigación céntrase, por unha banda, na lingüística histórica do inglés e no estudo da variación e o cambio lingüístico desde a perspectiva da lingüística de corpus e, por outra, na internacionalización da educación superior.

No ámbito da xestión universitaria e na creación de proxectos colectivos, participou na posta en marcha do Centro de Linguas, do que foi directora entre 2010 e 2014, e promoveu o desenvolvemento de programas impartidos en inglés. Posteriormente, como vicerreitora de Estudantes (2014-2018), asumiu responsabilidades en ámbitos como a captación, a política lingüística, a empregabilidade e a normativa académica. Ademais, dirixiu a Área de Política Lingüística da CRUE (2016-2018) e exerceu como vicedecana de Calidade da Facultade de Filoloxía e Tradución (2018-2020). Entre 2020 e 2026 exerceu como directora do Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá.

Defende un modelo de universidade inclusiva, centrada no estudantado e atenta a todas as dimensións da vida universitaria, promovendo a igualdade de oportunidades e a participación activa do alumnado nos espazos de decisión.

  • As relativas á captación, acceso, participación, representación e asociacionismo do estudantado, en coordinación coa Vicerreitoría de Oferta Académica no ámbito das súas competencias.
  • As relacionadas cos dereitos e deberes do estudantado, incluído o recoñecemento de créditos pola realización de actividades universitarias complementarias.
  • A planificación, coordinación e impulso da política institucional de internacionalización do estudantado, incluídos os programas de mobilidade e intercambio nacionais e internacionais, a acollida e integración do estudantado internacional e os programas de bolsas e axudas asociados, en coordinación cos órganos competentes por razón da materia.
  • As relativas ás relacións da universidade cos seus egresados e egresadas.
  • O deseño, impulso e coordinación das políticas de experiencia universitaria do estudantado, promovendo a inclusión, a igualdade de oportunidades, o benestar, a saúde mental e emocional, o desenvolvemento persoal e o sentido de pertenza á universidade.
  • A promoción e coordinación das actividades de extensión universitaria, culturais, deportivas e de mecenado, en colaboración coas vicerreitorías dos campus de Ourense e Pontevedra.
  • A promoción das competencias lingüísticas do estudantado e da comunidade universitaria, en coordinación coa Área de Normalización Lingüística no ámbito da lingua galega.
  • As referidas á convocatoria e resolución das axudas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores, así como dos seus procedementos derivados.
  • As relacionadas coa participación da universidade en redes universitarias nacionais e internacionais no ámbito das competencias desta vicerreitoría.

Lilian Álvarez García
Secretaría
+34 986 813 586
estudantes@uvigo.gal | internacional@uvigo.gal

 

Axenda

 

Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 586
estudantes@uvigo.gal | internacional@uvigo.gal