Vice-Rectorate for Teaching and Educational Transformation

Xabier Martínez Rolán, vicerreitor

 

É profesor titular na Facultade de Comunicación da UVigo, onde se formou e onde leva máis de doce anos desenvolvendo a súa carreira docente e investigadora. Doutorouse con premio extraordinario e mención internacional cunha tese sobre comunicación política e desinformación en redes sociais. A súa investigación céntrase nas disfuncións da comunicación (desinformación, astroturfing, discurso de odio ou o uso político dos memes), cun amplo número de publicacións e presenza en redes internacionais, especialmente en Portugal e Brasil. 

No ámbito da xestión universitaria, ocupou cargos como vicedecano, secretario de departamento e coordinador de mestrado, e coordina un grupo de innovación educativa sobre o impacto da intelixencia artificial na docencia.

Nos últimos anos impartiu centos de horas de formación en intelixencia artificial xerativa a profesorado e persoal investigador en España e Portugal.

Antes de dedicarse á docencia, foi autónomo, cooperativista e funcionario interino. Traballou na radio e televisión, xestionou comunicación en liña durante máis dunha década como profesional independente e exerceu como técnico de políticas europeas en Bruxelas. Esta experiencia fóra da academia marcou a súa visión: a importancia da practicidade, a axilidade e a conexión entre coñecemento e necesidades sociais cambiantes.

  • O deseño, coordinación, seguimento e recoñecemento dos programas e convocatorias propios de innovación educativa, así como o impulso da transformación das prácticas docentes cara a metodoloxías activas e modelos avaliativos coherentes co contexto dixital e profesional, en coordinación coa Vicerreitoría de Estudantes e Vida Universitaria e coa de Transferencia, Innovación e Impacto social.
  • O deseño e implantación do marco académico común da Universidade de Vigo para a incorporación das tecnoloxías dixitais emerxentes na docencia e na avaliación.
  • O deseño e a coordinación do Plan de acción titorial e dos programas de mentoría como instrumentos de acompañamento e orientación ao longo da traxectoria universitaria, en coordinación coa Vicerreitoría de Estudantes e Vida Universitaria.
  • O deseño, coordinación e impulso de actuacións para mellorar a formación transversal do estudantado e do persoal docente e investigador (PDI), promovendo, no caso do estudantado, a adquisición de competencias dixitais, a aprendizaxe autónoma, o pensamento crítico, as habilidades profesionais e socioemocionais e o uso crítico e responsable das tecnoloxías, e no caso do PDI, o desenvolvemento de competencias docentes e dixitais vinculadas á innovación e á transformación educativa.
  • O deseño e a coordinación dos criterios pedagóxicos que garantan a coherencia formativa entre as ensinanzas oficiais, a formación permanente e o doutoramento, en coordinación coa Vicerreitoría de Oferta Académica.
  • A dirección do proceso académico e participativo de definición do proxecto docente común da Universidade de Vigo co horizonte de 2032.
  • O seguimento e a mellora da calidade docente, así como a actualización dos procedementos de xestión académica nos seus aspectos metodolóxicos e avaliativos, en coordinación coa Secretaría Xeral e coa Vicerreitoría de Oferta Académica.
  • O deseño, coordinación e seguimento do modelo docente institucional da Universidade de Vigo e das actuacións dirixidas á súa innovación e mellora continuas.

Carmen Álvarez Veleiro
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 353
vicdoc@uvigo.gal

 

Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 353
vicdoc@uvigo.gal