Vice-Rectorate for Teaching and Research Staff

Rebeca P. Díaz Redondo

 

É catedrática da Universidade de Vigo na Área de Enxeñaría Telemática, institución á que se incorporou como docente en formación en 1998 na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.

No ámbito investigador, a súa actividade céntrase no desenvolvemento de solucións eficientes e seguras para sistemas de cómputo distribuído intensivo, especialmente no contexto da aprendizaxe máquina descentralizada sobre infraestruturas Cloud-2-Edge. Os seus resultados foron publicados en numerosos artigos e congresos internacionais de prestixio. Ademais, participou e liderou proxectos europeos de transferencia de coñecemento e mobilidade. Esta traxectoria permitiulle colaborar na avaliación e revisión de proxectos nacionais e internacionais, así como desempeñar o labor de editora principal nunha revista internacional.

A docencia constitúe un eixe central da súa actividade e destaca o seu compromiso co proceso formativo, tanto na aula como na titorización de traballos fin de grao e mestrado, e especialmente na supervisión de estudantes de doutoramento.

Ao longo da súa carreira tamén asumiu diversas responsabilidades de xestión. Foi secretaria do Departamento de Enxeñaría Telemática entre 2010 e 2013, coordinadora do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación entre 2017 e 2021, e directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación de 2021 a 2026.

  • A elaboración do cadro teórico de persoal docente e investigador e a súa regulación e planificación a curto, medio e longo prazo, así como a realización da proposta anual de masa salarial deste persoal, en colaboración coa Xerencia.
  • A elaboración e a modificación dos plans de organización docente e do cadro de persoal docente.
  • A dirección das relacións institucionais en materia de persoal docente e investigador, incluídas a coordinación da negociación colectiva, a sinatura dos pactos e acordos que afecten a este colectivo e a adopción das correspondentes resolucións e ordes de execución.
  • As relativas ás convocatorias de contratación de persoal investigador e á sinatura dos contratos correspondentes, en coordinación coa Vicerreitoría de Investigación e mais coa de Transferencia, Innovación e Impacto Social.
  • As relativas aos programas de promoción e estabilización do persoal docente e investigador, en coordinación coa Vicerreitoría de Investigación.
  • As referentes á situación administrativa do persoal docente e investigador, incluídos os procedementos de xubilación, compatibilidades, nomeamentos, contratacións e cesamentos e a comunicación do recoñecemento dos complementos retributivos autonómicos.
  • As referentes á ordenación das estruturas académicas, áreas de coñecemento, departamentos e centros no relativo á súa actividade docente, en coordinación coa Vicerreitoría de Oferta Académica.
  • A coordinación da negociación colectiva, a sinatura de pactos e acordos e a adopción das resolucións e ordes de execución en materia de persoal docente e investigador.
  • As relacionadas coa tramitación e resolución dos procedementos que teñan relación coas competencias obxecto de delegación.
  • As relacionadas coa participación da universidade en redes universitarias nacionais e internacionais no ámbito das competencias desta vicerreitoría.
  • As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e aos procedementos derivados.

Patricia González Piñeiro
Secretaría
+34 986 813 595
vicpdi@uvigo.gal


Axenda

 

Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 595
vicpdi@uvigo.gal