The Rector

Carmen García Mateo, reitora
É enxeñeira de Telecomunicación (1987) e doutora en Enxeñaría de Telecomunicación pola Universidad Politécnica de Madrid (1993). A súa investigación céntrase na tecnoloxía da fala en galego e castelán, a segmentación de audio, o recoñecemento biométrico e a detección por voz de enfermidades neurodexenerativas.
É catedrática da Área de Teoría do Sinal e Comunicacións na Universidade de Vigo e responsable do Grupo de Tecnoloxías Multimedia (GTM). Foi vicerreitora de Titulacións e Converxencia Europea (2006–2010), coordinou o Programa de doutoramento en tecnoloxías da información e comunicacións (DocTIC) de 2012 a 2019 e dirixiu o Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións entre 2017 e 2019.
Dirixe e coordina proxectos competitivos e teses doutorais e presentou máis de 150 publicacións en revistas e congresos internacionais. Participa regularmente en iniciativas de formación, promoción e divulgación para reforzar a presenza feminina en carreiras de ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas (STEM).
Entre os seus proxectos destacan Cotovía (primeiro conversor texto-voz bilingüe en galego e castelán), VOGATEL e FalAI (recollida de voz en galego para o adestramento de sistemas conversacionais), COPERIA (detección de covid persistente mediante a análise acústica de tose e voz) e VISIA (sentinela de risco de suicidio en adolescentes baseado en intelixencia artificial).
En 2014 recibiu o premio Josefa Wonenburger da Xunta de Galicia pola súa traxectoria en ciencia e tecnoloxía. Foi membro do plenario do Consello da Cultura Galega de 2016 a 2024 e coordinadora da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación de 2018 a 2024.
Organización
Gabinete de Prensa
- Cobertura informativa das actividades académicas, institucionais, científicas e culturais nos tres campus e publicación das respectivas noticias (con textos e imaxes) no Duvi, e envío diario destas aos medios de comunicación.
- Elaboración e publicación nas redes (FB, X e LinkedIn) do Duvi de entradas relativas ás actividades organizadas pola UVigo ou nas que participan membros da comunidade universitaria.
- Redacción e publicación dos textos e imaxes da Axenda da web da UVigo.
- Envío aos medios de comunicación das convocatorias de eventos e roldas de prensa protagonizadas por membros da comunidade universitaria.
- Atención ás solicitudes dos medios (escritos e audiovisuais), como entrevistas con membros da comunidade universitaria, localización de persoas expertas en cuestións académicas, petición de datos relativos á institución ou imaxes.
- Elaboración diaria do Quiosco do Duvi, o dossier de prensa no que se recompilan as noticias publicadas en medios escritos locais, rexionais, nacionais e internacionais, directamente relacionadas coa Universidade de Vigo e coa educación e a investigación en xeral. Un resumo coas novas máis destacadas do día é enviado a diario aos membros da comunidade universitaria que así o solicitan.
- Redacción de textos para as publicacións editadas pola Universidade de Vigo.
- Asesoramento aos membros da comunidade universitaria na relación cos medios para a organización de roldas de prensa, presentacións ou outro tipo de eventos, así como na realización de entrevistas.
- Deseño, produción, edición, gravación e publicación do podcast institucional SONUVigo.
M.ª del Carmen Echevarría Figueroa
Xefa do Gabinete de Prensa
+34 986 813 604
duvi@uvigo.gal | cheva@uvigo.gal
Protección de Datos
- O delegado de Protección de Datos é unha figura independente con funcións de información, asesoramento e supervisión das actividades de tratamento das que é responsable a Universidade de Vigo. Así mesmo, ten a función de cooperar coa Axencia Española de Protección de Datos e de actuar como punto de contacto da autoridade de control para cuestións relativas aos ditos tratamentos. Tanto a súa posición como as súas funcións están reguladas nos artigos 37 a 39 do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos) e nos artigos 34 a 37 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
Miguel Á. Michinel Álvarez
Delegado de Protección de Datos
dpd@uvigo.gal
Unidade de Diversidade
- Atender a diversidade sexual e de xénero (colectivo LGTBIQA+), así como outros colectivos infrarrepresentados, de tipo étnico-cultural e outros.
- Coordinar as situacións de discapacidade e de necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) integradas no Servizo de Extensión Universitaria (atención ao estudantado).
Raquel Rey Vilas
Directora da Unidade de Diversidade
+34 647 343 033
infodiversidade@uvigo.gal
Unidade de Xestión Positiva de Conflitos e Convivencia
- A Unidade de Xestión Positiva de Conflitos e Convivencia é un medio positivo de solución dos conflitos de convivencia na Universidade de Vigo. Ten como misión promover a convivencia pacífica e o respecto mutuo mediante a mediación, a formación e a prevención. Todos os membros da comunidade universitaria (PDI, PTXAS ou estudantado) ou calquera órgano ou grupo da universidade, poden acudir a esta unidade.
M.ª Ángeles Hermida Paredes
Directora da Unidade de Xestión Positiva de Conflitos e Convivencia
convive@uvigo.gal
Secretaría
- Carmen Estévez Caamaño
Xefa da Secretaría do equipo de goberno
+34 986 813 590
sreitoria@uvigo.gal
- María Calle Sierra
Secretaría
+34 986 813 618
seg.reitoria@uvigo.gal - María Rodríguez Martín
Secretaría
+34 986 813 590
seg.reitoria@uvigo.gal
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 590
sreitoria@uvigo.gal




