CICLOGREEN

Urban Mobility Challenge

Do 16 de setembro ao 16 de outubro

UVigo - Deporte 08/09/2021

 

Co gallo do inicio do curso, numerosas universidades españolas participan no Urban Mobility Challenge. Trátase dun reto conxunto para fomentar os desprazamentos sostibles aos campus e impulsar un cambio de hábitos moi saudable e beneficioso.

Para participar nesta iniciativa, deberás desprazarte de forma sostible ata a universidade usando a aplicación posta en funcionamento por Ciclogreen para rexistrar as actividades.

Como contrapartida poderás gañar distintos agasallos!

 

Novas relacionadas:

 

Máis información:

Área de Benestar, Saúde e Deporte
Edificio Deportes
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 812 182
deportes@uvigo.gal