PROXECTO PILOTO
Acompañamento psicolóxico para o estudantado
Solicitudes ata o 10 de novembro
En virtude do convenio entre o Servizo Galego de Saúde e as tres universidades galegas, a Universidade de Vigo convoca un proxecto piloto de acompañamento psicolóxico para o estudantado con dificultades derivadas da súa actividade académica.
O programa inclúe a asistencia a tres sesións de atención psicolóxica totalmente gratuitas para 44 estudantes dos tres campus da Universidade de Vigo (14 en Ourense, 14 en Pontevedra e 16 en Vigo).
A convocatoria diríxese ao estudantado de grao de segundo e de terceiro ano que cumpran os requisitos da convocatoria.
O prazo de presentación permanecerá aberto ata o 10 de novembro, ás 23.59 horas, e as solicitudes tramitaranse por rigorosa orde de inscrición.
Novas relacionadas:
Máis información:
Sección de Extensión Universitaria
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 603
diversidade@uvigo.gal




