Día Internacional da Muller 2021

UVigo - Igualdad 03/03/2021

 

Acto institucional do Día Internacional da Muller

A Universidade de Vigo convida a comunidade universitaria a seguir o acto institucional do Día da Muller no transcurso do cal se entregará o IX Premio UViguala.

O evento terá lugar o martes 9 de marzo, ás 12.00 h, e poderase seguir en directo a través de UVigoTV.

Mudamos o mundo desde o feminismo: aprendemos a mirar

Co gallo do 8M, a Universidade de Vigo presenta unha campaña relacionada coa necesidade de incorporar a perspectiva de xénero, entendida como a mirada crítica que consiste en sinalar como transita a desigualdade das mulleres en todas as esferas de realización social (poder, educación, economía, saúde, cultura, construción da subxectividade, relacións sociais, dereitos, ciencia etc.) a partir das grandes achegas proporcionadas pola teoría e o movemento feminista.

 

Banner 8M 2021 coa imaxe dunha profesora

Banner 8M 2021 coa imaxe dun adolescente

 

Banner 8M 2021 coa imaxe dunha nena

Banner 8M 2021 coa imaxe dun home

 

Como cada ano, o 8 de marzo volvemos reivindicar a necesidade de avanzar nunha igualdade efectiva entre mulleres e homes que nos permita acadar unha sociedade verdadeiramente xusta e democrática.

Neste sentido, resulta fundamental ter presentes os retos que temos por diante. A violencia exercida contra as mulleres, a feminización da pobreza, as dificultades de acceso ao espazo público en xeral, así como a conciliación, son problemas persistentes que, ano tras ano, o movemento feminista pon no centro do debate público como prioritarios.

Este ano veu marcado por unha complicada situación global xerada pola pandemia e pola emerxencia sanitaria. En primeiro lugar, queremos lembrar todas as persoas que perderon a vida por esta causa, así como todas as que permaneceron en primeira liña. Pero tamén cómpre manifestar neste 8 de marzo que, se ben esta situación está a ser dura para toda a sociedade, a crise, como é habitual, está afectando especialmente as mulleres. Faise patente a feminización da pobreza, maior exposición debido ao rol de coidadoras, maior vulnerabilidade en situacións de violencia de xénero e de abuso infantil, e crecentes problemas relacionados coa conciliación e corresponsabilidade. Dende a RUIGE impulsouse neste ámbito a guía Teletraballo e conciliación corresponsable en tempos de covid-19, co obxectivo de mellorar os problemas de conciliación detectados que afondan, aínda máis, nas distintas fendas de xénero existentes na comunidade universitaria.

Por outra parte, queremos pór en valor os avances alcanzados durante este ano, destacando a achega das nosas unidades de igualdade e a crecente preocupación da ANECA pola fenda de xénero e a implantación de medidas para superala, así como a incorporación destas na Mesa de Xénero e Universidade, impulsada polo Ministerio de Universidades. Aínda que todo iso, por si mesmo, non supoña un cambio de situación, si constata unha tendencia a facer fronte ás clásicas problemáticas das mulleres nas universidades e, sobre todo, demostra que a actuación conxunta desta rede para avanzar na igualdade obtén, efectivamente, resultados. Reivindicamos a importancia do traballo desenvolvido polas unidades de igualdade para avanzar na eliminación das desigualdades e esiximos que a perspectiva de xénero imbúa todas as políticas universitarias.
Incorporar a perspectiva das mulleres e de xénero é, dende hai máis dunha década, unha obriga legal, en tanto que principio reitor de todos os poderes públicos, que inclúe tamén as universidades, que debe aplicarse á administración, á xestión, á docencia, á investigación e á innovación. Non é posible a excelencia e a calidade sen a igualdade. 

Finalmente, queremos reivindicar o papel fundamental das universidades en materia de igualdade, do seu potencial transformador para o futuro e da investigación como base das políticas públicas.

Por todo iso, as universidades abaixo asinantes comprometémonos a seguir traballando e avanzando nunha igualdade real e efectiva, este e todos os días do ano.

Murcia, 8 de marzo de 2020

Como cada ano, o 8 de marzo volvemos reivindicar a necesidade de avanzar nunha igualdade efectiva entre mulleres e homes que nos permita acadar unha sociedade verdadeiramente xusta e democrática.

Resulta fundamental para lograr ese obxectivo ter presentes os retos que temos por diante. A violencia exercida contra as mulleres, a feminización da pobreza, as dificultades de acceso
ao liderado e ao espazo público en xeral, así como a conciliación son problemas persistentes que, ano tras ano, o movemento feminista pon no centro do debate público como prioritarios.

Este curso veu marcado por unha complicada situación global xerada pola pandemia e pola urxencia sanitaria. En primeiro lugar, queremos lembrar a todas aquelas persoas que perderon a vida por esta causa, así como as que permaneceron en primeira liña. Pero neste 8 de marzo tamén cómpre poñer de manifesto que, aínda que esta situación
está sendo dura para toda a sociedade, a crise, como é o habitual, está afectando especialmente as  mulleres.

No actual escenario, volve facerse patente a feminización da pobreza, así como a maior exposición ao risco das mulleres debido ao seu rol de coidadoras, a súa maior vulnerabilidade en situacións de violencia de xénero e de abuso infantil e os crecentes problemas relacionados coa conciliación e coa falta de corresponsabilidade. Por iso, desde a Rede de Unidades de Igualdade de Xénero das Universidades Españolas para a Excelencia Universitaria (RUIGEU) impulsouse neste ámbito a guía Teletraballo e conciliación corresponsable en tempos de covid-19, co obxectivo de mellorar os problemas de conciliación detectados que afondan, aínda máis, as distintas fendas de xénero que existen na comunidade universitaria. Queremos poñer en valor os avances realizados durante este ano para estreitar a fenda de xénero mediante a implementación de medidas concretas. A constitución da Mesa de Xénero e Universidade, impulsada polo Ministerio de Universidades e na que CRUE está representada por Eva Alcón, delegada de Igualdade e reitora da Universitat Jaume I, é unha destas medidas e constata a positiva e a crecente tendencia para abordar as problemáticas das mulleres nas universidades. Neste sentido, desde Crue quérese reivindicar a importancia do traballo desenvolvido polas unidades de igualdade para avanzar na eliminación das desigualdades e traballar para que a perspectiva de xénero impregne todas as políticas universitarias. Non é posible a excelencia e a calidade sen a igualdade.

Incorporar a perspectiva das mulleres e de xénero é, desde hai máis dunha década, unha obrigación legal. Pero para a universidade é, ademais, unha obrigación moral. Temos a
responsabilidade de ser o motor da transformación social a través da formación, da investigación e da concienciación.

As universidades comprometémonos a seguir traballando e avanzando cara a unha igualdade real e efectiva, hoxe e todos os días do ano.

Madrid, 8 de marzo de 2021

O Itinerario formativo virtual en xénero é unha iniciativa desenvolvida pola Unidade de Igualdade e a Área de Formación e Innovación Educativa da Universidade de Vigo, co apoio financeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, que ten como finalidade satisfacer as necesidades de formación en xénero da comunidade universitaria.

Cursos novos

  • Pensar o amor no século XXI
    Amada Traba (Universidade de Vigo), Chis Oliveira e María Luisa Abad Abad (docentes de educación secundaria)
  • Políticas públicas de igualdade
    Laura Seara, exdirectora do Instituto da Muller
  • Novas masculinidades
    Jorge García Marín (Universidade de Santiago de Compostela)
  • A prostitución no marco do capitalismo neoliberal
    Rosa Cobo (Universidade da Coruña)
  • Pornografía
    Mónica Alario (Universidad Rey Juan Carlos)

Cursos activos desde o 11F

  • Dimensión de xénero nos proxectos de I+D+i das TIC
    Soledad Torres (Universidade de Vigo)
  • Mulleres e ciencia
    Nieves Lorenzo, Amelia Verdejo (Universidade de Vigo) e Encina Calvo (Universidade de Santiago de Compsotela)
  • A inclusión da perspectiva e a análise de xénero/sexo na investigación e na innovación
    Capitolina Díaz (Universitàt de Valencia)

Cursos reeditados

  • A perspectiva de xénero na educación (4.ª edición)
    Mari Lires e Iria Vázquez (Universidade de Vigo)
  • Economía de xénero (4.ª edición) 
    Xulia González (Universidade de Vigo)
  • Educación afectivo-sexual (4.ª edición)
    Carmen Ruiz Repullo (Universidad Pablo de Olavide)
  • Introdución á perspectiva de xénero (4.ª edición)
    Águeda Gómez e María Ángeles Lemos (Universidade de Vigo)
  • A comunicación e o xénero (2.ª edición)
    Isabel Menéndez (Universidad de Burgos)
  • A sostibilidade da vida no centro. Conciliación e corresponsabilidade (4.ª edición)
    Enma Rodríguez (Universidade de Vigo)
  • Normativa básica de xénero (3.ª edición)
    Imma Valeije (Universidade de Vigo)
  • O acoso sexual e o acoso en función do sexo: unha inxustiza invisible (4.ª edición)
    Yolanda Rodríguez (Universidade de Vigo)
  • O xénero e o sexo no século XXI (2.ª edición)
    Beatriz Suárez Briones (Universidade de Vigo)

Información e inscrición

 

 

Para máis información

Unidade de Igualdade 
igualdade@uvigo.gal
+34 986 813 419

Instagram