Xornadas conmemorativas do Día da Muller e da Nena na Ciencia

UVigo - Igualdad 31/01/2019

 

Un grupo de docentes e investigadoras, xunto coa Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, organizan nos campus de Vigo e Ourense os obradoiros Elas fan CienTec 2019 e Exxperimenta en feminino para conmemorar o Día Internacional da Muller e da Nena na
Ciencia.

O obxectivo é darlle visibilidade ao traballo das científicas, crear roles femininos no eido da ciencia e da enxeñaría e que se promovan prácticas que favorezan a igualdade de xénero.

Estes obradoiros están dirixidos á rapazas e rapaces de terceiro e cuarto de Educación Secundaria Obrigatoria e primeiro e segundo de Bacharelato. 
 

II Xornada de divulgación en ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas

EXXPERIMENTA EN FEMININO

Lugar: Edificio Politécnico do campus de Ourense
Destinatarios: colexios e institutos do campus de Ourense
 

09.30 h Recepción e entrega de documentación
09.50 h Visita interactiva aos stands en grupos reducidos
14.00 h Pausa
15.00 h Visita interactiva aos stands en grupos reducidos
17.00 h Entrega dos premios do III Concurso de redacción e debuxo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
18.00 h Clausura da xornada
  • Vendo o invisible
    Grupo MundoMICRO, Microbioloxía
    - Veremos microorganismos da auga mediante microscopía e cultivo.
    - Presentaremos os nosos compañeiros invisibles para ben e para mal.
    - Falaremos dos problemas do uso de antibióticos e da xeración de resistencias a estes.
  • Quimirizando: Química&Valorización
    Grupo BioMACRO, Enxeñaría Química
    Na busca do valor oculto da biomasa:
    - Contra o envellecemento celular: antioxidantes naturais e hidroxeles.
    - Alimentando o noso segundo cerebro: obtención de prebióticos.
    - MegaBlocks: obtención de compostos base para a enerxía do futuro
  • A maxia do solo
    Grupo TERRA, Xeografía, Edafoloxía e Química Agrícola
    Pequenos experimentos que amosan as propiedades do solo.
  • A cor na ciencia
    Grupo COLORCHEM, Nutrición e Bromatoloxía
    - Separación de colorantes alimentarios.
    - Crea o teu arco da vella nunha botella.
  • FunSuperestruturas
    Grupo Laboratorio de Bioquímica, Nutrición e BromatoloxíaProgramaremos actividades para mostrar como se organizan certas moléculas e como forman estruturas macromoleculares complexas e como o proceso de autoensamblaxe lles permite adquirir novas funcións.
  • Resolvendo o quebracabezas do clima
    Grupo Ephyslab, Física da Terra
    Programaremos actividades para mostrar algunhas curiosidades da meteoroloxía e da oceanografía.
  • Tecnoloxía culinaria 
    Grupo TEC-AL, Tecnoloxía dos Alimentos
    Que é a cociña senón un laboratorio onde teñen lugar un gran número de reaccións químicas, físicas e biolóxicas que dan lugar a novas formas, aromas, sabores e texturas?
    Programaremos actividades para ofrecer unha visión panorámica da ciencia e da tecnoloxía culinaria de forma práctica e divertida
  • Contra Efecto Matilda 
    Grupo Enxeñaría Aeroespacial
    Como voa un avión? A aerodinámica dos avións: simulación nun túnel de vento.
     
  • Química en criminoloxía
    Grupo S3 (Síntese, Simulación e Spectroscopia)
    - Recreación do afundimento e explosión do buque Cason.
    - Buscando evidencias incriminatorias con luminol.
    - Captura de culpables
     
  • Comer con Ciencia
    Grupo NutriCiencia, Nutrición e Bromatoloxía
    Onde se esconde o azucre nos alimentos?
     
  • Descubrir aromas e sabores nos alimentos
    Grupo Sensocienci♀, Nutrición e Bromatoloxía
    - Recoñece sabores.
    - Identifica aromas.
    - Correlaciónaos con distintos alimentos.
    - Investiga se es un supercatador/a.
  • Ti podes programar!
    Grupo Informática, Linguaxes e Sistemas
    Aprenderemos a programar con ferramentas sinxelas que permitirán crear pequenos videoxogos ou dirixir avatares.
  • Saúde e Ciencia
    Grupo Enfermería
    - Coñeces o teu grupo sanguíneo?
    - Canto ar tes nos teus pulmóns?
    - Lavas ben as túas mans?
    - Sabes que podes salvar unha vida?

O campus de Vigo recibirá rapazas de terceiro e cuarto de Educación Secundaria Obrigatoria de diferentes institutos da contorna que participarán en varios obradoiros
impartidos por persoal da Escola de Enxeñaría Industrial, da Escola de
Enxeñaría de Telecomunicación e da Facultade de Ciencias.
​​​​​

ÁMBITO TECNOLÓXICO

Lugar: Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

  • Introdución á programación web e ao funcionamento
    Neste taller as mozas aprenden a programar unha páxina web en linguaxe HTML e como funciona Internet.
  • Lego Robotics
    Este taller é unha introdución á programación dos robots Leigo Mindstorm. Nel, as mozas tentan superar un reto.
  • Programación dun xogo con Scratch
    A mozas programarán un pequeno videoxogo usando Scratch, para o que farán uso de funcións lóxicas tan comúns en programación como os bucles, os condicionais, o emprego de obxectos...

Lugar: Escola de Enxeñaría Industrial

  • Obradoiro de termografía infravermella 
    Aida Badaoui e Fernando Cerdeira
    - Técnicas de ensaio baseadas na captación da radiación infravermella emitida por calquera obxecto cotiá.
    - Coñecementos das aplicacións nas que se pode utilizar, por exemplo, previr incendios en industrias e nos bosques, mellorar a efi ciencia enerxética nos fogares ou a localización de seres vivos.
    - Práctica con software específi co para o tratamento e interpretación das imaxes tal e como fan os termógrafos reais.
  • Obradoiro en deseño e prototipado 3D 
    Bibiana Rodiño e Jorge Cerqueiro
    - Mellorar ou salvar a vida das nosas mascotas a través do deseño e da fabricación de implantes para cirurxía veterinaria.
    - Deseño dun prototipo, amosando como se fai a súa ensamblaxe dentro do conxunto empregando o software de deseño 3D e amosarase o proceso a seguir para a impresión en 3D da peza deseñada.
  • Obradoiro sobre o proxecto Fórmula Student
    María Couso
    - A experiencia de participación nun proxecto de deseño e construción dun monopraza e a competición en circuítos reais de Fórmula 1 cos equipos doutras universidades de Europa e outros países.

ÁMBITO CIENTÍFICO

Lugar: laboratorios do Edificio de Ciencias Experimentais

  • Química en criminoloxía
    Grupo S3 (Síntese, Simulación e Spectroscopia)
    - Recreación do afundimento e explosión do buque Cason.
    - Buscando evidencias incriminatorias con luminol.
    - Captura de culpables .
  • Química Orgánica II 
    Belén Vaz e Marta Domínguez
    Química para todas as persoas e o seu por que
    - Química para detectives: tinta invisible, pegadas agochadas.
    - Fabricación de polímeros a partir de compostos sinxelos con diferentes propiedades: slime, nailon ou neve artificial.
    - Preparación dun reloxo químico ou un quentador máxico.
  • Química Física I.
    Ana Sousa, Laura Marín, Andrea Mariño e Beatriz Rivas
    - Síntese de nanopartículas en disolución.
    - Comprobación das propiedades ópticas e magnéticas.
  • Química Física II
    Isabel Pastoriza Santos, Sara Núñez Sánchez, Lorena Vázquez, Mª José Cordero, Alba Vázquez e Sarah de Marci
    - Propiedades dos materiais na escala dos nanometros.
    - Preparación de nanopartículas de ouro.
  • Bioloxía I
    ​​​​Diana Valverde e Paloma Morán
    - Cromosomas sexuais e herencia ligada ao sexo. Experimentos con Drosophila melanogaster.
    - Estudo da cromatina sexual en células humanas.

Lugar: Laboratorio Inmunoloxía do Centro de Investigacións Biomédicas (Cinbio)

  • Inmunoloxía
    Amparo Martínez Pérez, Susana Magadán e África González Fernández
    - Detección de patoloxías autoinmunitarias: detección do factor reumatoide segundo un kit de aglutinación e detección de anticorpos antinucleares mediante inmunofluorescencia avaliada cun microscopio de fluorescencia.
    - Cuantificación de toxinas mariñas
    - Veremos algúns aparatos que permiten facer medicións climáticas.
    - Como se forman as nubes?
    - Entenderemos as correntes oceánicas.

BRAVXS

 

Para máis información:
exxperimentaenfeminino@uvigo.gal