Apertura da preinscrición en seis cursos do Itinerario formativo virtual en xénero

UVigo - Igualdad 20/03/2020

Hoxe 20 de marzo ábrese o período de preinscrición de seis cursos do Itinerario formativo virtual en xénero, que permanecerá aberto ata o 29 de marzo.


Curso introdutorio

  • Introdución á perspectiva de xénero (40 horas)

Cursos especializados

  • Educación afectivo-sexual (15 horas)
  • Economía de xénero (15 horas)
  • A sostibilidade da vida no centro (15 horas)
  • O acoso sexual e o acoso en función do sexo: unha xustiza invisible (15 horas)
  • A perspectiva de xénero na educación (15 horas).


É conveniente realizar o curso 'Introdución á perspectiva de xénero' para comprender mellor os cursos especializados.

A formación comezará a desenvolverse o luns 23 de marzo. O curso introdutorio terá unha duración de dous meses e os cursos especializados dun mes.

Por mor da crise sanitaria que estamos vivindo, os cursos realizaranse totalmente en liña, incluídas as probas de avaliación.

Web do Itinerario formativo virtual en xénero 


Lembrámosvos que o itinerario formativo virtual en xénero foi presentado polo reitor, Manuel Reigosa,  e a directora da Unidade de Igualdade, Águeda Gómez, o pasado luns 9 de marzo (nova do Duvi).

Esta iniciativa, que ten como finalidade satisfacer as necesidades de formación en xénero da comunidade universitaria foi desenvolvida pola Unidade de Igualdade e a Área de Formación e Innovación Educativa da Universidade de Vigo, co apoio financeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. 

O itinerario está composto por nove formacións, unha introdutoria (40 horas) e oito cursos de 15 horas con temáticas máis específicas como a economía de xénero, educación afectiva-sexual, normativa de xénero, perspectiva de xénero na educación, conciliación e corresponsabilidade ou o acoso sexual ou en función do xénero.

Na elaboración do material didáctico dos cursos participaron principalmente profesorado experto da Universidade de Vigo e, para algunhas temáticas, convidáronse especialistas doutras universidades.

Os cursos serán certificados pola Universidade de Vigo. A formación para o estudantado será recoñecida por créditos ECTS (pendente de confirmación) e para o PDI terá o recoñecemento de actividades de formación permanente e para o PAS computará como mérito para os concursos.

A idea é que se vaian xerando novos cursos para ampliar contidos e enfoques para adaptarse mellor á demanda da comunidade universitaria. 

 

Máis información:

Unidade de Igualdade
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 419​
​​​​​​igualdade@uvigo.es