Agenda 2030, cooperación al desarrollo y responsabilidad social

Premios al mejor TFG o TFM

Hasta el 20 de agosto

UVigo – Responsabilidade social agenda 2030 / UVigo - Becas 18/07/2019

A Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación convoca seis premios para os mellores TFG ou TFM que se distingan por ser especialmente relevantes en temáticas relacionadas coa Axenda 2030, a cooperación ao desenvolvemento e a responsabilidade social. 

Requisitos

  • Realizar un TFG ou TFM sobre as temáticas mencionadas na Universidade de Vigo no curso 2018/19.
  • Superar o traballo cunha cualificación igual ou superior a 8,5 puntos sobre 10.

Solicitude

  • Ata o 7 de agosto
  • Cubrir o formulario en liña na Secretaría Virtual e logo entregalo por Rexistro.
  • Entregar a seguinte documentación:
    • Memoria en que se describan as características do traballo (máx. 10 páxinas).
    • Informe do director/a do traballo.
    • Unha copia do TFG ou TFM.

Premios

A contía máxima do premio será o importe dos prezos públicos por servizos académicos dos estudos de máster ou doutoramento dos que se matricule o alumnado no curso 2019/2020.

  • Artes e Humanidades: 1.
  • Ciencias e Ciencias da Saúde: 1.
  • Ciencias Sociais e Xurídicas: 2.
  • Enxeñaría e Arquitectura: 2.
     

A convocatoria completa está dispoñible na Secretaría Virtual.

 

Máis información:

Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 587
direc.rsco@uvigo.gal