Bolsas de formación en investigación e control de calidade de produtos de consumo

UVigo - Empleo 09/09/2019

O Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social convoca tres bolsas para a formación en materia de investigación e control da calidade dos produtos de consumo. 

Condicións

  • A duración da bolsa é de nove meses (do 01/11/2019 ao 31/07/2020). Poderá prorrogarse por un período adicional doutros nove meses.
  • A dotación de cada bolsa é de 884,16 euros mensuais.

Requisitos

  • Posuír entre outras titulacións: grao/licenciatura en Física, Química, Bioloxía, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos ou Enxeñaría Industrial. Os estudos deberán terse finalizado dentro dos cinco anos anteriores á convocatoria.
  • Ter unha idade non superior aos 30 anos.

Solicitudes

O prazo de inscrición permacerá aberto ata o 3 de outubro de 2019.

Máis información no BOE.