Bolsas Fundación SEPI-AIRBUS fin de carreira 2019

UVigo - Empleo 25/03/2019

Convoca

Fundación SEPI.

Obxecto

Facilitarlles a mozos e mozas con titulación universitaria ou estudantes cun máximo pendente de 30 créditos ECTS por aprobar, períodos de formación práctica como bolseiros/as en centros de traballo de AIRBUS.

Duración

11 meses.

Dotación

1000 €/mes brutos.

Requisitos (entre outros):

  • Nacer despois do 31 de decembro de 1989.
  • Alto nivel de inglés.
  • Fixar a residencia no lugar onde se lle adxudique a bolsa.
  • Posuír a(s) titulación(s) sinalada(s) no anexo da convocatoria.

Prazo

Ata o 7 de abril de 2019.

Máis información nas bases da convocatoria.