Bolsas posdoutorais de La Caixa

UVigo - Empleo 30/09/2019

A fundación bancaria La Caixa convoca 15 bolsas posdoutorais de tres anos de duración para a contratación de investigadoras e investigadores para levar a cabo a súa actividade en calquera universidade ou centro de investigación de España ou Portugal. A súa investigación deberá realizarse nas áreas das ciencias da saúde, a tecnoloxía, a física, a enxeñaría ou as matemáticas.

A convocatoria vai dirixida a persoas que finalizaran o doutoramento entre dous e sete anos antes da data de peche da convocatoria. As candidaturas poderán presentar libremente un proxecto de investigación para desenvolver nunha institución da súa elección.

A dotación será de tres anualidades máximas de 97.500 € máis a axuda para mobilidade, desprazamento e instalación e, no seu caso, unha axuda familiar.

Información e solicitudes

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 8 de outubro de 2019 ás 14.00 horas.

Máis información e inscrición na páxina de La Caixa.