Oferta de emprego para enxeñeiro/a informático/a nun hospital privado en Cork (Irlanda)

UVigo - Empleo 09/05/2019

Jobs Agency FM selecciona unha persoa titulada en Enxeñaría Informática para cubrir un posto de IT Operation Manager nun hospital privado en Cork. Entre outras funcións, supervisará e xestionará o presuposto anual destinado a IT (Information Technology). Tamén xestionará as relacións con usuarios comerciais, provedores e Group IT en Dublín.

Ofrécese

  • Contrato indefinido.
  • Salario conforme á experiencia e o perfil da persoa seleccionada.
  • Xornada laboral completa.

Requisitos

  • Experiencia de 5 anos a cargo dun pequeno equipo informático (IT professionals).
  • Coñecementos e experiencia en xestión de proxectos (PRINCE ou PMP).
  • Amplo coñecemento en entorno virtual VMware/Windows e LAN ou VOIP networks.
  • Coñecementos de tecnoloxías na nube (AWS, Microsoft Azure preferiblemente).
  • Habilidades comunicativas en inglés.
  • Valorarase a experiencia no sector da saúde.
  • Habilidades comerciais.

Proceso de selección

  • As entrevistas realizaranse por Skype ou presencialmente.
  • As persoas interesadas deben enviar o seu CV en inglés a info@jobsagencyfm.com co asunto IT Operations Manager Cork.