Oferta de emprego do ITMATI

xestor/a de Transferencia de Tecnoloxía e Innovación

UVigo - Empleo 30/08/2019

Referencia da oferta

ITMATI-OT-11/2019.

Descrición do posto 

Un contrato como xestor/a de Transferencia de Tecnoloxía e Innovación para a Unidade de Transferencia da Ciencia e da Tecnoloxía Matemática á Industria de ITMATI. Esta contratación realizase no marco da convocatoria pública para o fomento da contratación de persoal tecnólogo para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia (programa Principia), cofinanciado pola Xunta de Galicia.

Perfís das candidaturas 

Licenciados/as, enxeñeiros/as, graduados/as ou mestrados/as con relación co ámbito das ciencias experimentais ou a enxeñaría. As persoas candidatas non deben ter experiencia laboral previa no grupo de cotización 01 para o que se convoca a praza.

Condicións

  • Retribución bruta mensual: 1.584,00 € -1.666,00 € en 12 pagas, en función dos méritos e a experiencia da persoa seleccionada.
  • Data de inicio prevista: segunda quincena de setembro de 2019
  • Duración e data estimada de fin de obra: dous anos dende o inicio da contratación.
  • Xornada laboral a tempo completo.
  • Lugar de traballo: Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI), Campus Vida, Santiago de Compostela.

Envío de solicitudes 

As persoas interesadas deberán inscribirse ata o 6 de setembro ás 23.59 horas.

Máis información aquí.