Oposicións aos corpos docentes de educación na Comunidade Autónoma de Galicia
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca, mediante o sistema de concurso-oposición, as seguintes prazas:
- 10 prazas no corpo de inspectores de educación
- 1.041 prazas no corpo de profesores de ensino secundario
- 68 prazas no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas
- 85 prazas no corpo de profesores de música e artes escénicas
- 40 no corpo de profesores de artes plásticas e deseño
- 363 prazas no corpo de profesores técnicos de formación profesional
- 747 prazas no corpo de mestres
Información e solicitudes
Debido á emerxencia do COVID-19 e así como establece o RD 463/2020, interrómpese o prazo para a presentación de solicitudes deste procedemento. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través de https://sede.xunta.gal co procedemento ED001A.
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 6 de abril de 2020
Máis información aquí.