Persoal para a Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

UVigo - Empleo 09/04/2019

A Fundación Centro Tecnolóxico da Carne convoca procesos selectivos para a contratación de persoal laboral temporal polo procedemento de concurso de méritos.

Requisitos

  • Posuír a licenciatura ou o grao en Química, Bioloxía ou en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, entre outras titulacións.
  • Acreditar o coñecemento do idioma galego: Celga 4, curso de perfeccionamento do galego ou estudos equivalentes homologados polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia.
  • Permiso de conducir tipo B.

Prazo de presentación de solicitudes

Ata o 24 de abril de 2019.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles aquí.