Prácticas no Parlamento Europeo. Bolsas Schuman
O Parlamento Europeo publicou nos últimos anos a súa maior oferta de prácticas para mozos e mozas de Europa. As ditas prácticas poden realizarse en diferentes lugares da xeografía europea, aínda que a maioría se concentran en Bruxelas. O ámbito das prácticas tamén é moi variado, cun maior número de prazas no campo da comunicación.
Cada práctica require certas condicións, pero son requisitos xerais:
- Ser maior de idade.
- Ter un título universitario.
- Non ter traballado nunha institución europea durante máis de dous meses.
- Non ter gozado dunha visita de estudo de máis de seis meses.
- Dominar a lingua requirida en cada caso.
Ademais, ao realizar a solicitude, deberase achegar o CV en formato EuroPass e unha carta de motivación.
Datas dos períodos de prácticas e prazos para recibir os formularios de solicitude
- Prazo de solicitude do período de prácticas do 1 de outubro ao 28 de febreiro 28/29: 1 de xuño ao 30 de xuño.
- Prazo de solicitude para o período de prácticas do 1 de marzo ao 31 de xullo: 1 de novembro - 30 de novembro.
As candidaturas poden presentar solicitudes para tres ofertas de bolsa por período.
Máis información na páxina de ofertas de prácticas do Parlamento Europeo.