Grado en Derecho

Características

Campus: Ourense
Tipo: Grado
Créditos ECTS totales: 240
Modalidad: Presencial
Plazas: 50
Número de cursos: 4
Código:
O03G081V01

Área de conocimiento

Ciencias Sociais e Xurídicas

Coordinación del título

Monica Siota Alvarez

    Descripción

    O Grao en Dereito proporciona ao estudantado unha formación xurídica xeral, teórico-práctica, básica e integral en todas as ramas do Dereito, que permite coñecer e manexar os conceptos básicos do Dereito e alcanzar competencias e habilidades para o exercicio das profesións xurídicas. Permitiralle identificar feitos e problemas xurídicos, extraer consecuencias xurídicas e expor de forma oral e escrita a información e as solucións. A aprendizaxe autónoma do estudantado con comportamento ético correcto e a responsabilidade social constitúen obxectivos esenciais da formación.

    PROFESIÓNS LIBERAIS Avogados Procuradores EMPREGO PRIVADO Emprego nas áreas xurídica, laboral e de recursos humanos, en seguros, mutuas, cooperativas, banca e entidades de crédito, en consultorías, en ONG e entidades de cooperación ao desenvolvemento… Postos de traballo cualificados en empresas ou traballos autónomos para os que resulte necesaria formación xurídica Outros postos de traballo para os que non necesita necesariamente, pero se é útil ou conveniente a formación xurídica EMPREGO PÚBLICO Na Unión Europea e outros organismos internacionais No Estado: xuíces, fiscais, letrados da Administración de Xustiza, notarios, rexistradores da propiedade ou mercantil, avogados do Estado, letrados do Consello de Estado, letrados das Cortes Xerais, letrados da Seguridade Social, inspectores e subinspectores de Traballo, inspectores e técnicos de Facenda, interventores e auditores, técnicos da Administración… Nas comunidades autónomas: letrados de parlamentos autonómicos, servizos xurídicos de gobernos autonómicos, técnicos da Administración… Nas administracións locais: secretarios ou interventores da Administración local, letrados ou asesores xurídicos, técnicos da Administración… Outros: diplomáticos, servizos xurídicos doutros entes públicos (por ex. universidades, corpo xurídico militar…), profesores de universidade…

    Proporcionar ao alumnado a estrutura xeral e os conceptos fundamentais das diversas disciplinas xurídicas, para que, sobre esta base, poidan identificar, analizar e dar solución aos problemas xurídicos.

    A estrutura do plan de estudos favorece a mobilidade de estudantes no cuarto curso, pois é nese momento cuando se inclúe a oferta de asignaturas optativas. Os estudantes poden optar por unha temporalidade anual ou semestral, dependendo das circunstancias personais dos estudantes. A movilidades de estudantes céntrase nos programas SICUE (Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios Españois) e Erasmus, no ámbito europeo, e o programa ISEP cos Estados Unidos. Dentro do programa SICUE, a Universidade de Vigo ofrece catro prazas de intercambio.

    Non é un requisito indispensable pero resultará beneficioso para a formación integral do estudantado posuír coñecementos en Lingua, Historia, Filosofía, Ética e Economía e manexar linguas estranxeiras. En especial, é recomendable que posúa certa capacidade de comprensión, de análise, de sistematización e síntese, de expresión oral e escrita, de relación, de argumentación e de razoamento crítico.