Grado en Ingeniería Agraria

Características

Campus: Ourense
Tipo: Grado
Créditos ECTS totales: 240
Modalidad: Presencial
Plazas: 39
Número de cursos: 4
Código:
O01G281V01

Área de conocimiento

Enxeñaría e Arquitectura

Coordinación del título

Maria Del Carmen Seijo Coello

    Descripción

    Grao en Enxeñaría Agraria forma profesionais con amplos coñecementos científicos e tecnolóxicos e capacitados para o desenvolvemento de actividades no sector agrario e alimentario. Os estudos recibidos facultan para proxectar, executar e dirixir instalacións e explotacións comprendidas nas ramas agrícola e da industria de transformación de produtos.

    - Industrias agrarias: planificación e desenvolvemento de industrias agrarias, xestión de cooperativas, dirección e xerencia de industrias agropecuarias, incremento da eficacia e produtividade das propiedades agrícolas, transformación dos produtos obtidos da natureza noutros de máis valor a través de industrias agrícolas - Industrias alimentarias: procesos de elaboración de produtos alimentarios, proxección e dirección de obras do sector alimentario, planificación e desenvolvemento de industrias alimentarias, comercialización e mercadotecnia de produtos alimentarios - Consultoría, xestoría: estudos de viabilidade e investimentos agrarios, asesoría técnica, análise de viabilidade económica, asesoramento e xestión de subvencións, valoracións e peritaxes, realización de estudos e informes - Calidade: control de calidade, control de produción e desenvolvemento de novos produtos, control de procesos, análises e control de materias primas e produtos alimentarios, mellora de produtos agrarios e de gandaría - Outros: xestión de recursos hídricos e outros recursos naturais, tecnoloxía e xestión ambiental

    -Coñecer e comprender os conceptos básicos de carácter científico con aplicación directa á enxeñaría agraria. -Coñecer e comprender os conceptos específicos relacionados coa produción animal e vexetal, a xestión do medio no medio rural, a organización e xestión de industrias agrarias e agroalimentarias, a enxeñaría e tecnoloxía dos alimentos, a enxeñaría das industrias agrarias e agroalimentarias, a tecnoloxía da produción hortofrutícola, a enxeñaría do medio e da paisaxe e o desenvolvemento sostible.

    Estudantado interesado en aspectos relacionados coa produción animal e vexetal, a xestión do medio ambiente no medio rural e/ou a organización e xestión de industrias agrarias e agroalimentarias.