Grado en Relaciones Internacionales
Características
Área de conocimiento
Coordinación del título
Descripción
O Grao trilingüe en Relacións Internacionais persegue dotar o estudantado dunha formación integral e interdisciplinaria, con particular atención a actores e a temáticas de interese mundial como os desafíos que expón o cumprimento dos obxectivos de desenvolvemento sostible das Nacións Unidas, a cooperación para o desenvolvemento, o papel das grandes empresas multinacionais, ou a xestión de proxectos e de plans de desenvolvemento de carácter público e privado. Oriéntase, así, cara ao estudo dun mundo globalizado que esixe tratar cuestións de política intercontinental, economía global, dereito internacional público e privado, relacións transfronteirizas de mercado, movementos de persoas e de recursos, o efecto da actividade humana no medio ambiente e moitos outros temas, cun alcance tanto micro coma macro. Para tratar estes retos, precísanse profesionais expertos capacitados para interpretar e entender as sociedades actuais, comprendendo as relacións internacionais nos distintos ámbitos (político, empresarial, xurídico, histórico etc.) e defendendo, en particular, determinados valores como a xustiza, a solidariedade, a democracia ou a defensa dos dereitos humanos. O novo Grao trilingüe en Relacións Internacionais está chamado a converterse na titulación de referencia para a formación de internacionalistas en Galicia e na súa contorna, ao tratarse dunha titulación única en todo o noroeste de España. O seu carácter interuniversitario como titulación conxunta da Universidade da Coruña e da Universidade de Vigo, así como a grande axuda que obtivo grazas ao apoio de máis de corenta empresas, organizacións internacionais e outras entidades públicas e privadas, nacionais e internacionais, mostran que o Grao trilingüe en Relacións Internacionais non só é atractivo academicamente, senón que responde a unha urxente demanda social.
Salidas profesionales
Administracións públicas Corpo diplomático Organismos internacionais e organizacións non gobernamentais Educación e investigación en centros nacionais e estranxeiros, incluídos think tanks Consultaría internacional para pequenas e medianas empresas, ademais de multinacionais Dirección de proxectos
Objetivos generales de la titulación
O Grao trilingüe en Relacións Internacionais persegue dotar o estudantado dunha formación integral e interdisciplinaria, con particular atención a actores e a temáticas de interese mundial como os desafíos que expón o cumprimento dos obxectivos de desenvolvemento sostible das Nacións Unidas, a cooperación para o desenvolvemento, o papel das grandes empresas multinacionais, ou a xestión de proxectos e de plans de desenvolvemento de carácter público e privado.
Movilidad
Reglamento y normativa aplicable
Perfil de Ingreso recomendado
Título dirixido a estudantes con vocación internacional que queiran recibir unha formación multidisciplinaria e trilingüe para poder traballar en entidades públicas ou privadas, en España e no estranxeiro, con orientación profesional tanto no ámbito da cooperación internacional e na diplomacia coma no mundo dos negocios.




