III Xornada de igualdade para o estudantado internacional
20 de novembro
A Vicerreitoría de Internacionalización e a Unidade de Igualdade organizan a terceira xornada de igualdade para o estudantado internacional «Avanzando en igualdade: construíndo unha UVigo libre de violencias machistas» con Bárbara Tardón Recio. Será o 20 de novembro de 2025, de 14.00 a 16.00 h, na sala 1 do edificio Miralles.
A Universidade de Vigo reafirma o seu compromiso por unha sociedade xusta e igualitaria, onde a igualdade entre mulleres e homes sexa unha realidade. Por iso, a terceira edición da xornada de igualdade para o estudantado internacional da UVigo busca fortalecer a conciencia colectiva e dotar as persoas asistentes de ferramentas prácticas para previr e actuar fronte á violencia machista no ámbito universitario.
- A igualdade e a violencia contra as mulleres en España
- A conquista dos dereitos no noso país
- «Do non é non ao si é si»
- Recursos de atención para as mulleres
- Espazo aberto para preguntas
A xornada incluirá dinámicas participativas, estudos de caso e espazos de reflexión colectiva, co fin de crear unha experiencia enriquecedora para todas as persoas asistentes.
Ofrecerase un pequeno petisco de benvida e entregarase un certificado de asistencia.
Haberá un servizo de autobuses gratuíto desde os campus de Pontevedra e de Ourense.
Vicerreitoría de Internacionalización
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 587
internacional@uvigo.gal
Unidade de Igualdade
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 419
igualdade@uvigo.gal




