FECYT lanza o programa de mentorado REBECA para mozas e mozos investigadores

Prazo ata o 15 de maio

Etiquetas
  • Divulgación
UVigo - Investigación 29/04/2019

O programa de mentorado Researchers beyond academia (REBECA) quere poñer en contacto mozas e mozos investigadores que estean interesados en explorar outras opcións profesionais máis alá da investigación con profesionais altamente cualificados do sector privado, da administración e do terceiro sector en España.

O prazo para participar está aberto ata o 15 de maio ás 15.00 h (hora de España peninsular). O número de parellas finais dependerá do número de solicitudes e ascenderá a un máximo de 40.

Máis información aquí.