Selo de Calidade na porta dun centro certificado

Certificacións e acreditacións

As certificacións e as acreditacións son o resultado de procesos de avaliación externa realizados por entidades acreditadas ou recoñecidas.

Demostran o noso compromiso por acadar, avaliar e facer público un nivel de excelencia e de prestixio nos distintos ámbitos da universidade de acordo cos criterios de plans, programas ou estándares de calidade nacionais e internacionais.

 

Certificacións ISO

Estas certificacións son un instrumento recoñecido internacionalmente que permiten demostrar a nosa capacidade para responder aos estándares internacionais de xestión elaborados pola Organización Internacional de Estandarización (ISO), ás expectativas dos nosos grupos de interese e ás esixencias legais e normativas, que reforzan a nosa credibilidade.

 

Certificacións de centros e titulacións

Estas certificacións demostran a implantación nas nosas titulacións oficiais e nas facultades e escolas onde se imparten estándares de calidade europeos e internacionais recoñecidos.

 

Certificacións de investigación

Estas certificacións demostran o interese da nosa universidade en conseguir o recoñecemento da Comisión Europea canto a estratexia dos recursos humanos de investigación.

 

Consulte aquí outros recoñecementos e distincións da Universidade de Vigo.

Os contidos desta páxina xestiónaos