Vigo é unha das cinco universidades fundadoras do Consorcio

A UNESCO premia ao Consorcio Claroline pola utilización das TIC na educación

Etiquetas
  • Vigo
  • Investigación
Mª del Carmen Echevarría DUVI 04/10/2007

Foi en 2001 cando a universidade belga de Louvain puxo en marcha a plataforma Claroline, que dous anos máis tarde, no curso 2003-2004, empezou a súa andaina na Universidade de Vigo. Como lembra o vicerreitor de Novas Tecnoloxías e Calidade, Anxo Sánchez, “empezamos a rodar co sistema no curso 2003-2004 con moi poucas materias, e xa ao ano seguinte houbo un despegue moi importante con case 120 materias e cunha gran resposta por parte de docentes e alumnos. Os estudantes foron os que dispararon a utilización e arrastraron aos profesores que tamén o viron dun xeito moi positivo”.

Achegas da universidade

Aínda que as achegas da Universidade de Vigo nos seguintes anos, foron fundamentais para o desenvolvemento e innovación da plataforma, non foi ata 2007 cando na 2ª conferencia anual de usuarios de Claroline celebrada en Vigo, constituíuse o Consorcio. Coa finalidade coordinar o desenvolvemento da plataforma e promover o seu uso, o Consorcio está integrado na actualidade ademais das universidades de Louvain e Vigo, pola Haute Ecole Leonard de Vinci de Bélxica, a Université du Quebec á Rimouski de Canadá e a Universidad Católica del Norte de Chile.
É por elo que para Arturo Casar “correspóndenos unha quinta parte do premio da UNESCO” que considera un recoñecemento ao traballo desenvolvido e á aposta da Universidade de Vigo por esta plataforma.
No mesmo sentido o vicerreitor de Novas Tecnoloxías e Calidade, considera o galardón “unha satisfacción” e destaca que “reforza a garantía de que, ao ser software libre, estará accesible sempre e que non irá a parar a unha empresa comercial, e que sempre estaremos as cinco universidades detrás”.
A Universidade de Vigo sempre apostou e así figura nas claúsulas dos consursos que deben ser soportados sobre software libre, teñen vocación de unviersidalidade e aínda que hai unhaparte de sotware de investigación moi sofisticado uqe nonpode ser libre, pero a medida é empregar ao máximo a base do software libre.

Presente e futuro de Claroline

Aínda que o descoñezan miles de docentes e alumnos da Universidade de Vigo, utilizan a diario a plataforma Claroline a través do Programa Tema .
O programa que naceu co obxectivo de ser un complemento virtual da docencia presencial, permite ao profesorado administrar o contido das súa materias, utilizando para elo ferramentas(axenda, anuncios, exercicios, foros ou cualificacións) que a plataforma pon a súa disposición.
Cara ao futuro Anxo Sánchez apunta que “o compromiso é de cinco anos e o Consorcio agora ten dúas vertentes fundamentais: unha sobre a propia tecnoloxía, o propio código e outra centrada no usuario, na usabilidade. O noso gran aporte neste consorcio penso que será introducir os standars de calidade e usabilidade, por que se tes un sistema docente baseado no sistema europeo, as ferramentas tamén deben pasar un certo tipo de avaliación de calidade”.
Pola súa banda Arturo Casar adianta que “proximamente incorporaremos o multimedia con audioclases e vídeo-clases en colaboración con UVigoTV e tamén un sistema de intercomunicación profesor/alumno”.
Claroline é que de albergar un gran número de usuarios que non precisan de grandes habilidades técnicas para o seu manexo.