Unidos polo fútbol

O servizo de deportes mediuse á prensa local

Etiquetas
  • Vigo
  • Deportes
DUVI DUVI 04/10/2007

As instalacións deportivas do campus de Vigo foron testemuña estes xoves dun partido de fútbol 7 que enfrontou, aos membros do Servizo de Deportes cun improvisado conxunto composto por xornalistas de diferentes medios de comunicación locais, entre eles Atlántico Diario, Televisión de Galicia ou Faro de Vigo.
O evento, que conta con esta a súa segunda edición, naceu co obxectivo de converterse en cita anual e punto de encontro para membros da Universidade e profesionais que traballan nos medios.