16 puntos conforman a orde do día da sesión

O Plan de Sostibilidade e Medio Ambiente preséntase este mércores no Consello de Goberno

Etiquetas
  • Vigo
DUVI DUVI 02/10/2007

A presentación do Plan de Sostibilidade e Medio Ambiente e a aprobación da proposta de nomeamento como Doutor Honoris Causa do Catedrático de Economía da Universidade de Minnesota,Timothy J. Kehoe, son os asuntos máis destacados da orde do día do Consello de Goberno que se celebrará este mércores a partir das 10.00 horas na Sala de Xuntas da Reitoría.
Un total de 16 puntos conforma a orde do día da sesión ordinaria na que tamén se aprobará o Curso de Especialista en Dirección de Operacións.