Nun posto informativo do centro Quérote+ de Ourense

O alumnado do campus coñece a proba rápida do VIH

Tamén informaron das diferentes medidas preventivas de contaxio

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Ourense
  • Saúde
  • Estudantes
Rosa Tedín DUVI Ourense 24/10/2018

Tendo en conta que o pasado 20 de outubro se celebrou o Día da Proba do VIH, este mércores o Centro Quérote+ de Ourense, da Xunta de Galicia, trouxo ao edificio de Ferro do campus de Ourense un posto informativo no que o alumnado interesado puido coñecer en detalle tanto os métodos de prevención da transmisión como a proba rápida a través de fluído oral do VIH. Esta proba, explicouse no stand, permite detectar a presenza de anticorpos fronte ao virus de inmunodeficiencia humana, que é causante da sida, e pode realizarse de xeito anónimo, confidencial e de balde en apenas 20 minutos en centros habilitados, aínda que o resultado debe ser confirmado con probas de laboratorio.