Os nenos e nenas degustaron castañas na celebración que tivo lugar este venres

A Escola Infantil pecha cun magosto unhas semanas dedicadas ao outono

O centrou acolleu previamente unha exposición de cabazas decoradas

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Pontevedra
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 09/11/2018

Co propósito de que vivan un primeiro achegamento “a unha das festas tradicionais máis importantes do outono”, como sinala a súa directora, Ángeles Rodríguez, os nenos e nenas da Escola Infantil do campus celebraron este venres un magosto no que non faltaron a música nin as castañas que achegaron tanto os pais e nais como o servizo de cociña da escola. O centro do campus pechaba con esta celebración unhas semanas dedicadas ao outono, nas que se desenvolveron na escola diferentes actividades que levaron a nenos e nenas “a manipular cabazas, piñas ou follas secas”, á vez que a escola acolleu tamén unha exposición nas últimas semanas, con motivo do Samaín, dunha serie de cabazas decoradas que nais e pais achegaron á escola.