Diagnose do acoso sexual e por razón de sexo na Universidade de Vigo

Etiquetas
  • Igualdade
UVigo - Igualdade 27/11/2018

A Universidade de Vigo, no seu afán de facer a nosa institución máis humana e convertela nun referente de igualdade para toda a sociedade, decidiu realizar a primeira diagnose da situación do acoso sexual e por razón de sexo na Universidade de Vigo. O obxectivo é atallar a violencia institucional que supón a omisión e a invisibilización da violencia machista e así poder erradicala de forma máis eficaz e efectiva.

Este feito converte a nosa universidade nunhas das primeiras do noso país en contar cunha diagnose da situación de acoso sexual e por razón de sexo. Todo este proceso converte a Universidade de Vigo nunha institución académica que participa na batalla cultural contra o machismo e que promove unha universidade libre de sexismo, de acoso sexual e por razón de sexo así como de violencias machistas.
 

Diagnose do acoso sexual e por razón de sexo na Universidade de Vigo