Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado

Manuel Ramos. Vicerreitor de Ordenación Académica e Profesorado UVigo

Manuel Ramos
Vicerreitor

Enxeñeiro de Telecomunicacións pola Universidade Politécnica de Madrid e doutor en Enxeñaría Telemática pola Universidade de Vigo. Incorporouse como profesor á UVigo en 1991 e ocupa unha praza de profesor titular desde 2001. Forma parte do Grupo de Servizos para a Sociedade da Información e do centro de investigación AtlantTIC. É autor de 47 artigos en revistas indexadas, 10 capítulos en libros e 79 comunicacións en congresos de ámbito internacional.

Participou ou está a participar en 28 proxectos de investigación financiados en diversas convocatorias competitivas e en 49 contratos de transferencia e cursos con empresas. Obtivo 5 quinquenios docentes e 3 sexenios de investigación ademais da acreditación para o corpo de catedráticos de universidade en 2014.

No referente á xestión, desempeñou o cargo de adxunto ao Vicerreitor de Investigación como director do Servizo de Telecomunicacións, director do Departamento de Enxeñaría Telemática e foi coordinador do programa de doutoramento e do máster oficial deste departamento, ambos con mención de excelencia. Foi membro do Claustro Universitario, da Mesa do Claustro, do Consello de Goberno e da COAP durante 12 anos e foi 8 anos representante sindical do profesorado funcionario na Xunta de PDI da universidade.

  • Noelia María Vázquez Rivera
    Directora da Área de Estudos de Grao
    +34 986 812 039
    direc.grao@uvigo.es
  • Alfonso Lago Ferreiro
    Director da Área de Profesorado
    +34 986 813 763
    ​​​​​direc.profesorado@uvigo.es
  • ​​​​​Pedro Pablo Gutiérrez González
    Director da Área de Posgrao
    +34 986 813 433
    direc.posgrao@uvigo.es
     

  • As de elaboración do cadro teórico de persoal docente e investigador e a súa regulación a curto, medio e longo prazo.
  • As de elaboración e de modificación dos plans de organización docente e do cadro de persoal docente.
  • As relativas aos concursos de profesorado.
  • A aprobación das listaxes provisionais e definitivas de admitidos nos concursos de persoal docente funcionario e contratado.
  • As referentes aos programas de promoción e estabilización do persoal docente e investigador.
  • Todos os actos relativos á situación administrativa do persoal docente, incluídos os procedementos de xubilación e compatibilidades, así como a comunicación do recoñecemento dos complementos retributivos autonómicos.
  • Asinar os contratos, os nomeamentos e os cesamentos do PDI laboral e do PDI funcionario.
  • As referentes á ordenación de estruturas académicas, áreas de coñecemento, departamentos e centros, no relativo á súa actividade docente.
  • A oferta de prazas (límite de prazas) e a oferta educativa anual (encargo de docencia).
  • A actualización ou modificación da normativa de xestión académica.
  • A planificación, coordinación e supervisión dos procesos de elaboración e reforma dos títulos oficiais de grao e máster.
  • As relacionadas coa tramitación e cos procedementos administrativos das ensinanzas oficiais da universidade, así como a posta en marcha de novas titulacións.
  • As referentes aos procesos de avaliación do profesorado, en coordinación coa Secretaría Xeral.
  • Dirixir a negociación colectiva, asinar pactos e acordos e ditar resolucións e ordes de execución en materia de persoal docente e investigador.
  • As relacionadas con ensinos conducentes á obtención de diplomas ou títulos propios e outros cursos de formación.
  • As de coordinación dos programas, proxectos e accións de formación continua.
  • As relacionadas con programas, plans e accións de innovación educativa.
  • As de coordinación e control de centros adscritos á universidade, en materia académica.
  • A organización, a realización e o seguimento do Programa de maiores.
  • As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.
  • A sinatura de resolucións relacionadas coa actividade académica de estudantes, distintas ás que son obxecto de delegación na Secretaría xeral.

Deléganse na Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado todas as competencias relacionadas coa instrución e resolución de procedementos que teñan relación coas funcións encomendadas.

 

Edificio Reitoría
Campus universitario s/n
36310 Vigo
+34 986 813 595
vicprof@uvigo.es