MEET-Uvigo - Modelo titorial baseado na mentoría

O MEET-Uvigo consiste en que alumnado dos últimos anos de grao exerza de mentor de alumnado de primeiro curso. Para poder desenvolver esta labor os/as estudantes mentores reciben unha formación intensiva en competencias transversais. Neste momento están participando sete titulacións:

  • Tecnoloxías da Telecomunicación
  • Linguas Estranxeiras
  • Recursos Mineiros e Enerxéticos
  • Enerxía
  • Química
  • Economía
  • Ciencias do Mar


O MEET-Uvigo ten o seu xérmolo no MEET-Teleco desenvolvido na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. Os mentores/as eran formados previamente por un equipo de profesionais coaches en diferentes competencias para desenvolver o seu labor. O elevado custo do programa fixo que se tivera que reformular e decidiuse formar un grupo de profesorado da Universidade de Vigo para que fora o encargado de formar aos mentores/as.

Deste xeito, no ano 2016, un colectivo formado por 25 profesores e profesoras uníronse voluntariamente á iniciativa. Recibiron unha formación de 80 horas e comezaron a encargarse da formación do alumnado mentor a partir do mes de maio de 2017. A idea é que cada ano se vaian incorporando dúas titulacións novas e así ir transferindo esta boa práctica ao resto da Universidade.

A nivel xeral, a participación de diferentes membros da Universidade, tanto estudantado coma profesorado, é sumamente positiva: xera un sentimento comunitario e de identificación cos valores da institución e promove a convivencia e participación activa nos procesos da universidade. Estes lazos afectivos prolónganse no tempo e son considerados un elemento de arraigo e de identificación persoal e colectiva.
 

Calendario de Formacións

Grupo 1: Grao de Tecnoloxías de Telecomunicación e Grao en Linguas Estranxeiras34.11 KB Grupo 2: Grao de Enerxía, Grao de Recursos Mineiros e Enerxéticos e Grao de Economía25.06 KB Grupo 3: Grao de Química e Grao de Ciencias do Mar33.19 KB