Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática

Características

Campus: Vigo
Tipo: Grao
Créditos ECTS totales: 240
Modalidad: Presencial
Plazas: 70
Número de cursos: 4
Código:
V12G330V01

Área de coñecemento

Área de Enxeñaría e Arquitectura

Coordinación del título

Rafael Verdugo Mates

Descrición

O interese da titulación ven determinado polas características das dúas materias básicas que a constitúen: Automática e Electrónica Industrial. Estas materias teñen impulsado un cambio importante na actividade económica debido á maior presenza da automatización e intelixencia nos procesos e produtos, cada vez mais complexos, soportándose na informática e nas comunicacións. Hoxe en día non se pode concibir unha liña de produción sen un elevado grao de automatización e unha xestión a través de métodos informáticos e integrada en varios niveis.
Os produtos e sistemas actuais tenden cara unha maior funcionalidade e precisión, baseada na integración dos compoñentes informáticos, sensores e da microelectrónica. Este é o campo de actuación do Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática.

- Deseño, análise, integración e mantemento de sistemas e equipamentos electrónicos e instalación industriais automatizadas e automatización de maquinaria
- Xestión e organización comercial de empresas de produtos e sistemas electrónicos e/ou automáticos e/ou informáticos
- Dirección e xestión de proxectos de I+D en: automatización, comunicacións industriais, transporte (ferrocarril, avión, automoción), enerxías renovables e nos sistemas electrónicos automatizados en medicina e domótica
- Informática industrial, programación de robots e de autómatas programables e sistemas electrónicos programables en xeral

A formación que se pretende transmitir ao estudantado está orientada a responder ás necesidades do tecido socio-laboral no ámbito tecnolóxico da electrónica industrial e a automática. Os/As titulados/as poderán aplicar os seus coñecementos ao deseño, desenvolvemento e mantemento de circuítos electrónicos e sistemas automáticos en procesos e produtos industriais.

Ademais, poderán aplicar os seus coñecementos en ámbitos tan afastados da industria como poden ser a medicina, a agricultura, os procesos de distribución de mercadorías, en sistemas de xestión de tráfico, en produción e distribución de enerxía, tecnoloxía espacial, aviónica etc.

-Coñecementos básicos de física, química e matemáticas.
-Inquietude e curiosidade sobre o mundo da ciencia e a tecnoloxía en todos os seus ámbitos, e en especial no relacionado ao ámbito da titulación.
-Capacidades para a expresión oral e escrita e para a comprensión lectora.
-Habilidades sociais básicas para o traballo en equipo.
-Capacidade de abstracción, análise, síntese, razoamento lóxico.
-Capacidade de percepción e atención.
-Sentido da organización e o método.
-Sentido práctico e visión espacial.