Grao en Administración e Dirección de Empresas

Características

Campus: Ourense
Tipo: Grao
Créditos ECTS totales: 240
Modalidad: Presencial
Plazas: 85
Número de cursos: 4
Código:
O04G020V01

Área de coñecemento

Ciencias Sociais e Xurídicas

Coordinación del título

Mª Dolores Rivero Fernández

    Descrición

    O obxectivo central do título de Grao en Administración e Dirección de Empresas inclúe unha tripla perspectiva: o estudo das organizacións, a súa xestión e o entorno cambiante no que desenvolven as súas actividades, a formación de profesionais capaces de desempeñar tarefas de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións produtivas, e a unión das competencias aprendidas e o desenvolvemento persoal para contribuír á sociedade. Todos estes labores desenvolveranse no ámbito global da organización ou en calquera das súas áreas funcionais: produción, recursos humanos, financiamento, comercialización, investimento, administración ou contabilidade.

    - Administración, organización e dirección de empresas - Auditoría de contas - Asesoría financeira, contable e fiscal - Consultoría - Investigación e planificación comercial, técnicas de mercadotecnia e comercio exterior - Sistemas actuariais e de riscos - Selección e integración de persoal, métodos de traballo e racionalización administrativa - Proceso de datos e tratamento da información empresarial - Arbitraxe e actuacións xudiciais - Estudos estatísticos e documentación económica, contable e financeira - Docencia

    A optatividade circunscríbese ao segundo semestre do terceiro e cuarto curso, momento no que o estudantado poderá participar nun programa de mobilidade. A estrutura do plan de estudos permítelle ao alumnado optar por unha temporalidade anual ou semestral, dependendo das súas circunstancias persoais. A mobilidade de estudantes articúlase en torno a cinco programas: Sicue, que ofrece 59 prazas repartidas en 17 universidades españolas; Erasmus, con 93 prazas repartidas en 47 universidades europeas; ISEP, que ofrece prazas de intercambio en 130 universidades americanas; as bolsas de intercambio propias, que ofrecen prazas en 40 universidades estranxeiras, principalmente de América Latina; e, finalmente, o programa AFECA, un programa intensivo de contabilidade e auditoría no que se realizan casos prácticos.

    Estudantes interesados/interesadas en desenvolver a súa carreira profesional no campo da xestión de organizacións, tanto empresariais como de calquera outro tipo, con capacidades que lles permitan a súa integración no ámbito universitario e posteriormente no mercado laboral. En concreto, serían desexables trazos como os que se detallan a continuación: - Motivación e interese polo mundo da economía e a empresa - Sensibilidade polo desenvolvemento empresarial - Iniciativa e espírito de liderado para crear e xestionar negocios xeradores de emprego - Capacidade para integrar e dirixir equipos humanos - Dinamismo para enfrontarse aos problemas da sociedade actual e para propor as solucións correspondentes - Capacidade para a toma de decisións - Capacidade de análise e de síntese, de abstracción e expresión - Versatilidade e sociabilidade