Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte

Características

Campus: Pontevedra
Tipo: Grao
Créditos ECTS totales: 240
Modalidad: Presencial
Plazas: 100
Número de cursos: 4
Código:
P02G050V01

Área de coñecemento

Área de Ciencias Sociais e Xurídicas

Coordinación del título

José Luís García Soidan

    Descrición

    O Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte responde á conversión do sistema deportivo nun produto de mercado significativo nas sociedades contemporáneas, así como á actual promoción de estilos de vida activos e saudables, a través da formación en eidos como o coñecemento e comprensión dos factores fisiolóxicos e biomecánicos que condicionan a práctica da actividade física e o deporte, dos factores sociais e de comportamento que condicionan a súa práctica, ou os efectos da mesma sobre a estrutura e función do corpo humano, entre outros.

    - Rendemento deportivo: adestramento e dirección de equipos deportivos, adestramento e preparación física de deportistas de alto nivel, preparación física, xuíces/zas de probas deportivas.
    - Xestión deportiva: xestión, administración e organización en entidades e instalacións deportivas, dirección técnica en entidades deportivas.
    - Docencia en educación física
    - Actividade física para a saúde: programas de reeducación motora, actividade física adaptada para poboacións especiais, actividade física para persoas adultas e maiores, deporte de saúde, asesoría en actividade física postoperatoria, masaxista deportivo
    - Lecer e tempo libre: animación de actividade física e deportiva, animación turístico-deportiva

    -Coñecer e comprender os fundamentos do deporte.
    -Coñecer e comprender os factores fisiolóxicos e biomecánicos que condicionan a práctica da actividade física e o deporte.
    -Coñecer e comprender os efectos da práctica do exercicio físico sobre a estrutura e función do corpo humano.
    -Coñecer e comprender os fundamentos do exercicio físico, xogo motor, danza, expresión corporal e actividades na natureza.

    A organización das materias, na que a optatividade se axusta principalmente ao primeiro cuadrimestre do cuarto curso, fai prever que sexa este un dos períodos preferentes para solicitar unha bolsa de mobilidade. A mobilidade de estudantes céntrase nos programas Sicue (Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios Españois) e Erasmus, no ámbito europeo. Dentro do programa Sicue, a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte ten acordos con cinco universidades españolas, polo que ofrece un total de dez prazas. No que respecta ao programa Erasmus, a Facultade ten acordos con nove universidades de cinco países europeos, o que conforma unha oferta de 18 prazas.

    - Coñecementos básicos sobre bioloxía, anatomía humana, física, filosofía e historia
    - Interese pola práctica da actividade física e o deporte
    - Inquietude e curiosidade sobre as manifestacións da motricidade e o deporte
    - Habilidades básicas deportivas e dominio do propio corpo
    - Sensibilidade para recoñecer as limitacións dos demais e facilitar a súa aprendizaxe
    - Capacidades básicas para a expresión oral e escrita e para a comprensión lectora
    - Habilidades sociais básicas para o traballo en equipo