Grao en Dereito

Características

Campus: Ourense
Tipo: Grao
Créditos ECTS totales: 240
Modalidad: Presencial
Plazas: 50
Número de cursos: 4
Código:
O03G081V01

Área de coñecemento

Área de Ciencias Sociais e Xurídicas

Coordinación del título

Francisca Fernández Prol

    Descrición

    O Grao en Dereito proporciona ao estudantado unha formación xurídica xeral, teórico-práctica, básica e integral en todas as ramas do Dereito, que permite coñecer e manexar os conceptos básicos do Dereito e alcanzar competencias e habilidades para o exercicio das profesións xurídicas. Permitiralle identificar feitos e problemas xurídicos, extraer consecuencias xurídicas e expor de forma oral e escrita a información e as solucións. A aprendizaxe autónoma do estudantado con comportamento ético correcto e a responsabilidade social constitúen obxectivos esenciais da formación.

    PROFESIÓNS LIBERAIS
    Avogados
    Procuradores

    EMPREGO PRIVADO
    Emprego nas áreas xurídica, laboral e de recursos humanos, en seguros, mutuas, cooperativas, banca e entidades de crédito, en consultorías, en ONG e entidades de cooperación ao desenvolvemento…
    Postos de traballo cualificados en empresas ou traballos autónomos para os que resulte necesaria formación xurídica
    Outros postos de traballo para os que non necesita necesariamente, pero se é útil ou conveniente a formación xurídica

    EMPREGO PÚBLICO
    Na Unión Europea e outros organismos internacionais
    No Estado: xuíces, fiscais, letrados da Administración de Xustiza, notarios, rexistradores da propiedade ou mercantil, avogados do Estado, letrados do Consello de Estado, letrados das Cortes Xerais, letrados da Seguridade Social, inspectores e subinspectores de Traballo, inspectores e técnicos de Facenda, interventores e auditores, técnicos da Administración…
    Nas comunidades autónomas: letrados de parlamentos autonómicos, servizos xurídicos de gobernos autonómicos, técnicos da Administración…
    Nas administracións locais: secretarios ou interventores da Administración local, letrados ou asesores xurídicos, técnicos da Administración…
    Outros: diplomáticos, servizos xurídicos doutros entes públicos (por ex. universidades, corpo xurídico militar…), profesores de universidade…

    Proporcionar ao alumnado a estrutura xeral e os conceptos fundamentais das diversas disciplinas xurídicas, para que, sobre esta base, poidan identificar, analizar e dar solución aos problemas xurídicos.

    A estrutura do plan de estudos favorece a mobilidade de estudantes no cuarto curso, pois é nese momento cuando se inclúe a oferta de asignaturas optativas. Os estudantes poden optar por unha temporalidade anual ou semestral, dependendo das circunstancias personais dos estudantes. A movilidades de estudantes céntrase nos programas SICUE (Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios Españois) e Erasmus, no ámbito europeo, e o programa ISEP cos Estados Unidos. Dentro do programa SICUE, a Universidade de Vigo ofrece catro prazas de intercambio.

    O Grao en Dereito proporciona ao alumnado unha formación xurídica teórica e práctica, exhaustiva e de calidade. A súa estrutura en mencións faino especialmente atractivo e competitivo para o acceso a profesións xurídicas do sector público e do sector privado. Permite ao alumnado deseñar o seu propio itinerario de materias optativas e, se o desexa, especializarse en cuarto curso en Dereito xudicial ou en Dereito da UE e desenvolvemento sustentable.
    A mención incorpórase ao título de graduado en Dereito cando o alumnado cursa polo menos cinco materias optativas integradas nun mesmo ámbito. O título con mención acredita fronte a terceiros a formación especializada obtida polo alumnado, sen prexuízo da formación nuclear que o título garante.
    Son dúas as mencións pioneiras no título de graduado/a que oferta a Facultade de Dereito de Ourense:

    - A Mención en Dereito xudicial, máis clásica e xeral dentro da especialización, ofrece ao estudantado con vocación xurídica un sólido programa formativo en Dereito, que o prepara para a práctica xurídica pública ou privada en xeral. Está especialmente orientada ao estudantado que queira dedicarse á práctica xudicial no ámbito da Administración de Xustiza ou ao exercicio profesional da avogacía.
    - A Mención en Dereito da UE e desenvolvemento sustentable, máis innovadora e cun enfoque supranacional, ofrece unha formación especializada e de calidade en torno ao dereito Europeo. Resulta de especial interese para o estudantado ambicioso e sensible aos retos propios dun mundo globalizado. Tamén para o estudantado estranxeiro que desexan participar en programas de mobilidade internacional e afondar no estudo das institucións e fontes propias da UE.

    Non é un requisito indispensable pero resultará beneficioso para a formación integral do estudantado posuír coñecementos en Lingua, Historia, Filosofía, Ética e Economía e manexar linguas estranxeiras. En especial, é recomendable que posúa certa capacidade de comprensión, de análise, de sistematización e síntese, de expresión oral e escrita, de relación, de argumentación e de razoamento crítico.