Grao en Educación Social
Características
Área de coñecemento
Coordinación del título
Descrición
O obxectivo fundamental deste grao é a formación de profesionais capaces de xerar contextos educativos e accións mediadoras que permitan a incorporación das persoas obxectivo ás diversas redes sociais, así como a súa promoción cultural e social mediante accións socioeducativas tanto preventivas como de intervención.
Saídas profesionais
- Educación non formal: animación de actividades extraescolares, educación para o lecer e o tempo libre, educación cívica, educación e interpretación ambiental, educación para a saúde - Educación de persoas adultas: ensino de alfabetización, educación permanente, pedagoxía da terceira idade, formación ocupacional, formación continua, preparación para a xubilación - Animación socio laboral: inserción socio laboral, información e orientación para o emprego, preparación para xubilarse, plans de formación continua, formación e orientación laboral - Animación sociocultural: turismo social e cultural, turismo xuvenil, educación na rúa, promoción do asociacionismo da participación social, información e dinamización xuvenil, xestión cultural, desenvolvemento comunitario. - Acción socioeducativa: atención comunitaria, estudo de novas tecnoloxías e a súa aplicación educativa, educación especializada, educación familiar, intervención socioeducativa, servizos sociais de atención primaria, servizos penais, servizos de información e planificación familiar, dinamización e sensibilización social - Inserción social: prevención e tratamento en toxicomanías, prevención e intervención con grupos en risco de exclusión social, protección e tutelade menores; servizos de protección e asistencia social, servizos de medidas de xustiza xuvenil, prevención e intervención #ante a violencia de xénero. Todas estas actividades pódense desenvolver en centros como: - Residencias da terceira idade - Cooperativas de traballo asociado - Centros de lecer - Departamentos de formación - Servizos socioeducativos - Empresas de servizos - ONGs e fundacións - Asociacións (veciñais, culturais, xuvenís…)
Obxectivos xerais da titulación
-Transmitir, promover e desenvolver a cultura. -Xerar redes sociais, contextos, procesos e recursos educativos e sociais. -Intervir como mediador social, cultural e educativo. -Coñecer, analizar e investigar os contextos sociais e educativos. -Deseñar, implementar e avaliar os programas e proxectos socioeducativos. -Xestionar, dirixir, coordinar e organizar institucións e recursos socioeducativos. -Desenvolver actividades cunha finalidade educativa, cultural e lúdica.
Mobilidade
Regulamento e normativa aplicable
Perfil de Ingreso recomendado
- Unha marca de sensibilidade social: interese no traballo con grupos humanos - Preocupación polos problemas que teñen os diferentes grupos sociais - Capacidade para resolver problemas e tomar unha decisión - Empatía - Intereses na área humanista-social - Sentido crítico e capacidade de análise - Respecto polas persoas - Creatividade e iniciativa para propoñer, xunto ás persoas, solucións alternativas - Habilidades sociais básicas para o estudo e traballo en equipo - Experiencia en actividades de voluntariado social - Capacitación previa recomendada en humanidades e áreas sociais, incluída a procura de ciclos de formación profesional superior nos ciclos ofrecidos pola animación sociocultural e a integración social - Experiencia recomendable en actividades laborais no ámbito social