Grao en Enxeñaría en Organización Industrial

Características

Campus: Vigo
Tipo: Grao
Créditos ECTS totales: 240
Modalidad: Presencial
Plazas: 64
Número de cursos: 4
Código:
V12G340V01

Área de coñecemento

Enxeñaría e Arquitectura

Coordinación del título

Manuel Doiro Sancho

    Descrición

    A formación do Grao en Enxeñaría en Organización Industrial na Universidade de Vigo ten como obxecto dotar aos/ás titulados/as dos coñecementos, técnicas, habilidades e actitudes propias da profesión, e capacitalos para organizar sistemas produtivos, melloralos e xestionar os recursos que se ven implicados dentro das actividades industriais e de servizos de xeito racional e sostible. Unha das principais características desta titulación, debido á combinación dos contidos tecnolóxicos e de organización e xestión que nel se desenvolven, é a versatilidade para afrontar con éxito situacións moi diversas coas que se pode atopar o/a graduado/a ao longo da súa carreira profesional.

    Xestión da produción Mellora dos procesos Xestión de aprovisionamentos Xestión de almacéns e do transporte Xestión da calidade Xestión do mantemento Consultoría organizativa e técnica Marketing e a xestión comercial Xestión da innovación e da tecnoloxía Xestión dos recursos humanos Xestión financeira

    O Grao en Enxeñaría en Organización Industrial capacita o/a titulado/a para aquelas actividades relacionadas coa xestión de empresas de produción e servizos, así como institucións de distinta índole (tanto públicas coma privadas; administración pública, universidades, ONG, empresas consultoras etc.), en todas as súas áreas: calidade, compras, comercial, loxística, produción, procesos, produtos, custos, finanzas, mantemento, medio ambiente e sostibilidade, xestión da innovación, xestión de proxectos, recursos humanos etc. Os/As graduados en Enxeñaría en Organización Industrial son os profesionais idóneos para as empresas do sector industrial e de servizos que requiren directivos cunha ampla formación técnica. A súa formación dual, como técnicos e como xestores, permítenlle ter unha visión global da empresa e o seu ámbito, imprescindible para mellorar os resultados en calquera sector. Ademais, as dúas intensificacións ofertadas dentro do grao posibilitan ao alumnado orientar as súas capacidades potenciando, dentro da súa formación dual, a parte máis ligada coa produción ou ben a parte máis ligada coa xestión. Intensificación de produción e loxística (24 créditos): -Planificar, programar e controlar as actividades relativas á xestión da produción nos ámbitos produtivos. -Xestionar as actividades relativas ao fluxo de materiais e de información que definen o fluxo loxístico das empresas. -Aplicar criterios para alcanzar solucións que empreguen os recursos do xeito máis racional e melloren os procesos desenvolvidos dentro das empresas. Intensificación de xestión empresarial (24 créditos): -Xestionar os recursos inherentes á actividade empresarial desenvolvida polas empresas. -Aplicar as mellores técnicas dispoñibles no ámbito da organización e a xestión de empresas

    Mencións - Produción e loxística - Xestión empresarial

    -Coñecementos básicos de matemáticas, física, química, expresión gráfica e informática. -Capacidade plena para a lectura, reflexión e comunicación oral e escrita. -Capacidade de análise de problemas para a súa resolución. -Coñecementos dunha lingua estranxeira (preferentemente inglés). -Inquietude, curiosidade e iniciativa propia. -Capacidade de traballo en grupo.