Grao en Enxeñaría Informática

Características

Campus: Ourense
Tipo: Grao
Créditos ECTS totales: 240
Modalidad: Presencial
Plazas: 137
Número de cursos: 4
Código:
O06G151V01

Área de coñecemento

Enxeñaría e Arquitectura

Coordinación del título

Alma María Gómez Rodríguez
Eva María Lorenzo Iglesias

    Descrición

    A persoa titulada é un/unha profesional cunha completa formación científica, tecnolóxica e socioeconómica, preparado/a para o exercicio profesional no desenvolvemento e aplicación das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) no ámbito da Informática.

    - Directores de informática - Analistas e analistas/programadores - Administradores de sistemas e redes - Enxeñeiro/as de software e de sistemas de información - Directores e xefes de proxectos - Enxeñeiro/as web - Consultores de tecnoloxía - Enxeñeiro/as, consultores e administradores de seguridade - Expertos en calidade de software - Auditores informáticos - Mantemento de infraestruturas TIC - Técnicos comerciais

    O título de graduado/a en Enxeñaría Informática ten como obxectivo fundamental a formación científica, tecnolóxica e socioeconómica e a preparación para o exercicio profesional no desenvolvemento e aplicación das TIC ao ámbito da informática. A nivel mais específico o estudantado poderá adquirir as seguintes capacidades e coñecementos: -Concibir, redactar, organizar, planificar, desenvolver e asinar proxectos no ámbito da enxeñaría en informática que teñan por obxecto a concepción, desenvolvemento ou explotación de sistemas, servizos e aplicacións informáticas. -Dirixir as actividades obxecto dos proxectos do ámbito da informática. -Deseñar, desenvolver, avaliar e asegurar a accesibilidade, ergonomía, uso e seguridade nos sistemas, servizos e aplicación informáticas, así como a información que xestionan. -Definir, avaliar e seleccionar plataformas hardware e software para o desenvolvemento e execución de sistemas, servizos e aplicacións informáticas. -Concibir, desenvolver e manter sistemas, servizos e aplicacións informáticas empregando os métodos da enxeñaría do software como instrumento para asegurar súa calidade. -Concibir e desenvolver sistemas ou arquitecturas informáticas centralizadas ou distribuídas integrando hardware, software e redes. -Coñecer, comprender e aplicar a lexislación necesaria durante o desenvolvemento da profesión e manexar especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento. -Coñecer as materias básicas e tecnolóxicas que capaciten para a aprendizaxe e desenvolvemento de novos métodos e tecnoloxías. -Resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, autonomía e creatividade. -Realizar medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritaxes, estudos, informes, planificación de tarefas e outros traballos análogos da informática. -Analizar e valorar o impacto social e medioambiental das solucións técnicas, comprendendo a responsabilidade ética e profesional da actividade. -Aplicar elementos básicos de economía e xestión de recursos humanos, organización e planificación de proxectos, así como a lexislación, regulación e normalización no ámbito dos proxectos informáticos.

    Mencións - Enxeñaría de Software - Tecnoloxías da información

    - Coñecementos básicos de informática - Boa base matemática, aptitude numérica - Capacidade de abstracción, análise, síntese, razoamento lóxico - Curiosidade, imaxinación, creatividade, innovación - Capacidade de percepción e atención - Sentido de organización e o método - Atención ao detalle - Sentido práctico e visión espacial - Capacidades básicas para a expresión oral e escrita e para a comprensión lectora - Habilidades sociais básicas para traballo en equipo